Zhu Lun

Distribuir

Distribuir contido

Zhu Lun, Xulio Ríos, Colección de Estudios Iberoamericanos (2015-2016).

Editorial da Academia de Ciencias Sociales de China, 2016, 480 páxinas, ISBN 978-7-5161-9075-3.


Esta obra é froito da colaboración entre o Centro de Investigación Cooperativa Internacional de Iberoamérica da Universidade Normal de Jiangsu e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI.

Nas súas case 500 páxinas reúne un total de vinte colaboracións entre especialistas chineses e iberoamericanos que reflexionan sobre algúns aspectos das relacións bi-rexionais.

Os autores que participan na compilación son: Xu Sicheng, Jiang Shixue, Eduardo Daniel Oviedo, Sergio M. Cesarín, Fernando Reis Matta, Alfredo Touro Hardy, Milton Reyes Herrera, Gustavo Alejandro Girado, Romer Cornejo, Raquel Isamara León de la Rosa, Patricia Castro Obando, Rubén Laufer, Ding Bowen, Roberto Mansilla Blanco, Hei Xi, Xiao Junyi, Lan Bo, Carmen Amado Mendes, Zhao Zhenjiang e Cheng Yiyang.

Algúns dos artigos reunidos na colección tamén foron publicados no Journal of Jiangsu Normal University (Philosophy and Social Sciences Edition).

A colección representa unha vontade de diálogo académico en torno a problemas comúns e de interese recíproco asegurando a plena fluidez das reflexións de ambas partes.

Da man dos profesores Zhu Lun e Xulio Ríos, a colección reúne os textos en chinés. En español ou portugués poden ser consultados na web do Observatorio da Política Chinesa. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais