A mordaza de Sharon

Con toda razón nos indignamos cando a algúns xornalistas se lles envía un paquete-bomba co propósito de silencialos e todas as enerxías se unen nunha soa voz para condenar semellante acción intimidatoria, dende a máis pequena Asociación de periodistas ata todo un Parlamento europeo. Pero non é por aquí preto o único lugar do mundo donde se desenvolven feitos asi.

En plena euforia universal antiterrorista que proclama a "liberdade duradeira" "quero conxecturar que con liberdade de expresión incluída" non somos quen de clamar con igual fogaxe contra a impunidade de quen pode dinamitar todo un edificio de sete plantas donde uns profesionais da comunicación procuraban desenvolver con dignidade o seu labor: a radiotelevisión palestina.

Os palestinos, coma os americanos no 11 de Setembro, son vítimas da barbarie extrema. Pero a responsabilidade última de canto sucede nos territorios ocupados é exclusiva daquel individuo da galleta, George Walker Bush. A axuda, económica e militar, de Estados Unidos a Israel para o 2002 ascenderá a 2,8 mil millóns de dólares fronte a 75 millóns para Gaza e Cisxordania. O 90 por cento da axuda exterior a Israel é de procedencia norteamericana. Nesa chequeira está a chave para reducir a tensión en Oriente Medio. E nunha actitude diferente da Unión Europea, hoxe sometida á estratexia americana de debilitar a Arafat e á Autoridade Nacional Palestina.

Poñamos fin a esta traxedia!