france and germany freeze the stability pact

Comisión Europea: Francia caso pechado

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Fancia e Alemaña conxelan o pacto de estabilidade, clic para aumentar
Francia incumpriu os criterios de estabilidade que limitaban o gasto do estado ó 3% do PIB, no 2002, 2003 e 2004. E as críticas non se deixaron agardar logo de que Francia e Alemaña, os impulsores destas marxes de manobra, se viron atrapados nas súas propias redes durante o 2002, e no 2003, obstaculizaron os esforzos da Comisión para penalizalos.
 

A Comisión Europea, adalize da independencia e defensora do cumprimento das regras comunitarias no continente europeo, propón nestes días pechar o expedinte aberto contra Francia polo sonado cumprimento das regras que rexen o déficit excesivo que quedara limitado a un 3% do PIB logo dos criterios de Maastricht de 1992.

O mércores 29 de novembro, a Comisión Europea veu anunciar que incoa o expediente disciplinario aberto contra este país, que podía conlevar importantes multas, acabando así co cun dos máis grandes culebróns da política europea, e nos que os dous colosos da construción europea Francia e Alemaña vacilaron, logo de ser os máximos impulsores destes famosos "criterios de estabilidade".

Existen como é lóxico certas dúbidas de que se volvan a incumprir esta regras tendo en conta a falla de crecemento da economía francesa nos últimos trimestres. Pero as condicións de cumprimento deste criterio xa están presentes durante o ano 2006, o que implica que se podería relaxar o seguimento que padece o estado Francés. O gran problema é a cercanía das eleccións presidenciais e lexislativas, e a liña de gasto público que se siga despois delas.

Francia incumpriu os criterios de estabilidade que limitaban o gasto do estado ó 3% do PIB, no 2002, 2003 e 2004. E as críticas non se deixaron agardar logo de que Francia e Alemaña, os impulsores destas marxes de manobra, se viron atrapados nas súas propias redes durante o 2002. No 2003, obstaculizaron os esforzos da Comisión para penalizalos. E logo desta crise, o pacto de estabilidade foi modificado en 2005 para conceder así máis tempo para sanear as finanzas públicas. Co que Francia, gañou o alento necesario para endereitar o seu rumbo.

Dende aquela París descendeu o déficit a 2,9% do PIB en 2005, e as previsións da Comisión Europea para o ano 2006 sitúanse no 2,7%, o 2,6% para o 2007 e o 2,2% para o 2008. Asía as cousas, a posición francesa estaría corrixida e a Comisión pode por tanto, recomendar ó Consello de ministros de finanzas da UE que esqueza as medidas adoptadas contra Francia, tendo en conta que os procedementos por incumprimento poden conducir a establecer importantes multas se non se toma ningunha medida para endereitar o rumbo, feito que nunca se chegou a producir ate o de agora.

Os ministros reuniranse de novo en xaneiro, nunha xuntanza, onde se afrontará o problema dos dez países de retagarda no cumprimento deste requisito que son: a República Checa, Alemaña, Grecia, Italia, Portugal, Hungría, Malta, Polonia Eslovaquia e o Reino Unido. As medidas para atallar este problema achánzanse entre o 2006 e 2008, pero as optimistas previsións de Bruxelas fan pensar que non só Francia entre polo rego, senón que 5 dos 10 países descendan por debaixo do 3% xa en 2006, co que o déficit medio da zona euro achegaríase ó 2% en 2006 contra o 2,4% de 2005. E mentres tanto, haberá quen se pregunte se paga a pena achegarse ó déficit "0" a través de recortes en moitos casos de tipo social.