20080203 versailles chateau sarkozy carla bruni

Sarkozy segue caendo

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Nicolás Sarkozy e Carla Bruni; clic para aumentar
O nivel de confianza de Sarkozy baixou en poucas semanas dun 55 a un 41 por cento. Dise que a súa voda con Carla tivo como finalidade frear esa caída. O certo é que os franceses empezan a procurar explicacións que van dende a alcoba do presidente á súa mesma saúde mental. (Foto: Nicolás Sarkozy e Carla Bruni nun café de Versalles o 3 de febreiro de 2008).
 

O nivel de confianza de Sarkozy baixou en poucas semanas dun 55 a un 41 por cento. Dise que a súa voda con Carla tivo como finalidade frear esa caída. O certo é que os franceses empezan a procurar explicacións que van dende a alcoba do presidente á súa mesma saúde mental.

Chistophe Dubois, dinos o correspondente da BBC en París, suxire que Sarkozy, se viu obrigado a cultivar unha imaxe de seductor para non pasar por home que reconquista á súa muller e a perde logo: "sería manterse nunha imaxe de fracaso".

Esta suxestión cadra moi ben coa do psiquiatra Serge Hefez (Libération, 24 de xaneiro), para quen o presidente ten unha personalidade de narcisista patolóxico, explicada polo miúdo no seu artigo, ou sexa, un suxeito obsesionado por controlar as impresións que causa nos outros, ávido de admiración pero desprezativo cos que manda, insatisfeito por aventuras afectivas, obsesionado pola súa propia imaxe.

O narcisismo patolóxico, dinos Hefz, é moito máis que unha metáfora para designar a obsesión por si mesmo; é unha formación psíquica na que o amor rexeitado volve contra un en forma de odio. E asegura que o hiperactivismo do presidente mostra xa o espectáculo da súa autodestrucción.

Sen tomar ao pe da letra ningunha das dúas posicións, o certo é que esa caída non se pode explicar tan só polo anoxo dos franceses ao iren perdendo capacidade adquisitiva. É todo un conxunto de causas, e todas elas empezan a debuxar outra imaxe do presidente que nada ten que ver coa que el fabricou para os seus electores, aos que tanto prometeu a nada está dando.