Sicilia, a Grecia Italiana?

O gobernador de Sicilia, Raffaele Lombardo, dimitiu. Era un home que gañou as eleccións e corouse presidente cunha maioría afín do seu propio partido, e gobernou coa oposición. Hábil onde os haxa nas correntes da política. Propio do individualismo italiano.

Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

O gobernador de Sicilia, Raffaele Lombardo, dimitiu. Era un home que gañou as eleccións e corouse presidente cunha maioría afín do seu propio partido, e gobernou coa oposición. Hábil onde os haxa nas correntes da política. Propio do individualismo italiano.

Agora Sicilia vai ter votacións de novo. O 28 e 29 de outubro. Lombardo vaise como se fora o “Premier” do país, O Cavalieri Berlusconi; refunfuñando das acusacións polas que está imputado e que o empurran fora da escena política sen remisión.

Vaise denunciando unha campaña ben orquestrada de filtracións sobre un sumario que non é publico. Calumnias. Tolemias dos xuíces e da xustiza.

O gobernador denuncia unha tentativa de limitar a autonomía das rexións, en concreto dunha rexión como Sicilia, “Speciale” no ordenamento xurídico italiano, ás que ameaza a bancarrota. Unha boa escusa para re-centralizar. Outro “aldraxe” como diríamos nós os galegos.

O presidente da asemblea rexional, Francesco Cascio, afirma que a as presións e as solicitudes de dimisión foron inusuais e anómalas. E o vicepresidente Carmelo Briguglio envíalle unha carta a Palazzo Chigi – a sé do goberno de Italia- protestando pola actitude contraria «alle regole fondamentali dell'autonomia regionale e della democrazia politica».

Pero o gobernador está imputado coa acusación de ter relacións coa mafia. E tal vez sexa así. Aínda que seguro que non é o único tendo en conta o poderío e amparo que pode exercer a Camorra nesa zona.

O Wall Sreet Journal só fala das incompetentes rexións españolas e Italianas no ámbito da xestión financeira. E se o WSJ, ou o Financial Times, apuntan e disparan, é razón máis que suficiente para actuar dende os temorosos gobernos “centrais” (nunca tan provincianos en Europa).

Ninguén se acorda non obstante que con 17.000 dependentes a tempo total na rexión, 20% de paro oficial, e a mafia sostendo unha economía paralela collidos da man da evasión fiscal que adoba a toda Italia, é difícil cadrar as contas.

Máis aínda tendo en conta que Sicilia agarda 10.000 millóns de euros para contribuír a pagar estes gastos sociais, dos que só obtivo o 8% en 2011 e o 12% en 2010. Non é por tanto toda a culpa das rexións. A responsabilidade é compartida, entre o que recada e o que ten a obriga de ofrecer os servizos públicos, a non ser que desexen que volvamos aos tempos da monarquía absoluta.