Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 22 ao 28 de febreiro de 2016

Taiwan Hebdo 8-2016

1. Informe

O luns 22 comezou oficialmente a carreira pola presidencia do KMT. Catro candidatos inscribíronse e entre todos eles, Hung Hsiu-chu, cuxa candidatura presidencial foi anulada polo partido o ano pasado, emerxe de novo como favorita. 

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Idiomas Galego

1. Informe

O luns 22 comezou oficialmente a carreira pola presidencia do KMT. Catro candidatos inscribíronse e entre todos eles, Hung Hsiu-chu, cuxa candidatura presidencial foi anulada polo partido o ano pasado, emerxe de novo como favorita. 

Fiel á súa liña, Hung reivindica as súas posicións con extrema claridade, fuxindo da ambigüidade doutros candidatos. A súa postura política, “pouco ortodoxa” segundo algúns, non lle impediu reunir o maior número de firmas -máis de 80.000- e afianzarse na súa posición. Hung é firme partidaria da reunificación co continente e do principio de “unha soa China”, advertindo á presidenta electa Tsai Ing-wen de que non utilice a Constitución da República de China (ROC, siglas en inglés) para negar que teña soberanía sobre a totalidade de “China”.. Hung quere unir o destino do KMT á acérrima defensa da Constitución da ROC. 

Unha hipotética vitoria de Hung emendaría o agravio persoal sufrido o pasado ano pero, en opinión dalgúns, afastaría ao KMT de calquera posibilidade dun pronto retorno ao poder á vista das tendencias predominantes na opinión pública. 

O presidente interino Huang Min-hui, representante da política de faccións do partido, podería ensombrecer a vitoria de Hung. Os outros dous candidatos, o concelleiro de Taipei Le Hsin e Apollo Chen, ambos considerados reformistas, teñen poucas probabilidades.

O KMT afronta estas eleccións internas coma se dun final de época se tratase. A súa crise existencial resúmese nunha carreira entre as faccións pro-locais e pro-chinesa do partido. Para ben ou para mal, a persoa elixida dará forma ao futuro do KMT. 
 

2. Observacións de contexto

* O proceso de traspaso de poderes do Yuan Executivo ao PDP estancou debido ás posturas encontradas de ambas partes en torno ao modelo de educación superior de nova xeración que prepara o Ministerio de Educación. 

* Os traballos parlamentarios da nova lexislatura iniciáronse con numerosas propostas lexislativas relativas a temas como as liberdades públicas, as relacións a través do Estreito, a prevención de catástrofes naturais, a reforma fiscal ou o financiamento dos partidos políticos. 

* Un portavoz de China continental criticou a proposta dun lexislador do PDP de retirar os retratos de Sun Yat-sen das escolas e dos edificios oficiais, denunciándoa como parte dunha estratexia para “borrar as raíces chinesas”. 

* A fin de “previr as malas influencias”, Beijing decidiu prohibir a transmisión en directo a través de páxinas de Internet ou aplicacións de teléfonos móbiles do programa do premio da Película de Ouro de Hong Kong que terá lugar en abril e do Cabalo de Ouro de Taiwan. 
 

3. Datos relevantes

* O número de turistas continentais a Taiwan reduciuse en torno ao 30 por cento (outras fontes reducen ao 10 por cento esta tendencia), feito que se relaciona coa vitoria do PDP nas eleccións do 16 de xaneiro. Para Hung Hsiu-chu “non se pode pretender por unha banda que os turistas do outro lado animen a economía taiwanesa e por outro vilipendialos e insultalos…”.

* As rendas salariais aumentaron un 1,64 por cento en 2015 en relación a 2014, alcanzando a media mensual de 37.353 dólares taiwaneses, o mellor nivel en 8 anos. 

* Os investimentos estranxeiros en Taiwan en xaneiro aumentaron un 60,71 por cento, alcanzando os US$532,8 millóns. 

* A taiwanesa FoxConn comprou a empresa tecnolóxica xaponesa Sharp por US$6.200 millóns. 

* O Vaticano doou 50.000 dólares a beneficio das vítimas do sismo de Tainan.
 

4. Nomes relevantes

* York Chen, membro do think tank do PDP, Fundación de Nova Fronteira, sinalou que “Taiwan non será un alborotador” na rexión baixo o liderado de Tsai Ing-wen. 

* Lin Yi-shih, ex secretario xeral do Yuan Executivo, foi condenado a 13 anos e 6 meses de prisión por delitos de aceptación de subornos e incumprimento do deber. 

* Ma Ying-jeou anunciou unha última xira diplomática a partir do 13 de marzo que lle levará a Guatemala e Belice.