Tensión permanente

India e Paquistán comparten a fronteira máis inestable do mundo, a de Cachemira, na que se concentra un dos niveis de militarización máis elevados do planeta. Rexión de aplastante maioría musulmana, incorporouse á India en 1947 por decisión do seu “marajá” hindú, abertamente en contra dos desexos dos seus habitantes. As tropas de Nova Delhi derrotaron ás paquistaníes no decurso das dúas guerras sostidas polo control do territorio, en 1947 e en 1965, perdendo na de 1962. A India controla os dous tercios, os estados de Jammu e Cachemira, e o resto está baixo o dominio de Paquistán. A liña divisoria provisional está baixo supervisión dos cascos azuis da ONU. O movemento armado musulmán persigue a independencia ou a integración no Paquistán.

O risco de conflicto na zona é sempre inminente. Cachemira é o principal motivo que alimenta a desconfianza entre estes dous países, agora con cabezas nucleares e míseis de alcance medio, en exceso proclives á realización de xestos de inocultable carga belicista e menos comprometidos coa obriga de dar alimento e acubillo ós seus respectivos concidadáns. En calquer momento e pola “mínima” causa, a tensión pode reavivarse.