O estilo Kichner

O de setembro foi un mes importante en Arxentina. Aos cen días do mandato do novo Presidente Néstor Kirchner se uniu toda a secuencia de eleccións, a nivel provincial, nalgúns dos distritos máis grandes do país, como Santa Fe, Buenos Aires, e a segunda volta na propia cidade de Buenos Aires; e tamén en Chaco, Santa Cruz, Jujuy, Misiones e Neuquén. A distribución de forzas políticas neste país quedará así totalmente definida cun mapa que Kirchner deberá xestionar establecendo os difíciles equilibrios propios do país da Pampa.

Dende o inicio do seu mandato, Kirchner ven definindo un importante estilo persoal moicaracterizado pola determinación e combinado cunha ambiciosa coherencia coa defensa dos intereses do seu país e mantendo unha xenerosa presencia en todo o territorio, configurándose como un presidente cercano a unha cidadanía, moi desencantada pero que vai recuperando a marchas forzadas a ilusión, aguilloada por quen perciben que sitúa as súas preocupacións no epicentro das políticas públicas. A recompensa é un elevado nivel de apoio coa derogación de dúas leis controvertidas, a de "Obediencia debida" e "Punto final", que puxeron fin aos xuízos aos militares que estiveron involucrados na represión da dictadura arxentina.

En opinión do CIPPEC (Centro de Implementación de Políticas Públicas para la Equidad y el Crecimiento), Kirchner está enfocando a reconstrucción do país abrindo xogo a novos actores sociais, coma os piqueteros. Iso está abrindo unha perigosa fenda co seu vicepresidente, Daniel Scioli, máis inclinado á adopción de accións concretas e a que a reconstrucción económica se vertebre a través dunha sólida alianza co sector productivo. Non se trata simplemente de que, a diferencia de Scioli, Kirchner rexeite reunirse con homes de negocios. As diferencias entre ámbolos dous transcenderon publicamente con motivo da anulación das "leis do perdón" e o aumento nas tarifas públicas anunciado por Scioli sen ter en conta a opinión de Kirchner ao respecto.

Nos procesos electorais de setembro último, as apostas de Kirchner son, pola contra, de signo conservador. En Buenos Aires, ao igual que Elisa Carrió, apoiou a Aníbal Ibarra, que na primeira volta obtivo o 33,68% fronte ao 37% do Compromiso para el Cambio que lidera Mauricio Macri. O apoio a Ibarra e a súa Fuerza Porteña contrasta coa simpatía expresada por Macri polo ex presidente Eduardo Duhalde. Na primeira volta, Ibarra recibiu un serio revés: os partidarios de Macri obtiveron cinco mandatos nacionais e 23 a nivel local, nos comicios para lexisladores nacionais e locais, mentres que a Fuerza Porteña tivo que conformarse con 4 e 8, respectivamente.

Alberto Arce, galego de Santiago e fino analista da política arxentina, considera que a día de hoxe, o panorama arxentino conserva intacta a súa complexidade. Non obstante, logrou en pouco mais de tres meses, recrear un novo ambiente político, provocado e dirixido polo chamado "estilo K" que se ben está conseguindo recuperar o creto da clase dirixente entre a poboación, soamente propón solucións aos problemas máis graves do país de modo superficial e provoca unha paulatina e pouco productiva polarización política. O poder do presidente se basea en gran medida en certo populismo que debe ir transformando en proxectos de longo prazo se non quere converterse nun máis dos líderes efímeros "do que puido ser e non foi" que tanto dano lle fixeron ao país.