Entrevista a Roberto Mansilla: “Un novo ciclo político e electoral modificará as bases da xeopolítica latinoamericana”

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Segundo unha enquisa realizada por segundo ano consecutivo pola empresa Iberglobal, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, con sede en Baiona e dirixido por Xulio Ríos, alcanzou o noveno lugar entre un total de 17 centros de investigación e “think tanks” do Estado español. Deste xeito, o IGADI pasa a figurar entre as cinco primeiras entidades de investigación a nivel estatal especializadas en política internacional, con énfase no mantemento dunha visión propia e independente e con marcado acento na proxección exterior de Galicia. Entre os seus analistas, Roberto Mansilla destaca pola súa especialización en xeopolítica de América Latina, a rexión do planeta que, especialmente ao longo da última década, viviu os procesos políticos e sociais máis atrevidos e innovadores dende a óptica da esquerda. Se existen unha ou varias alternativas á hexemonía neoliberal mundial, estas agromarán probabelmente coas experiencias latinoamericanas como exemplo, non a reproducir, pero si a seguir e ter en conta. Se hai un outro mundo posíbel, aló hai que mirar.