EEUU intervén no triángulo do terror colombiano

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Fracasados os tres triángulos da Paz, os EEUU apréstanse a prescribir a vella receita da casa para latinoamérica. "Abundantes doses de asesores militares e purga final con intervención militar, se fose preciso.

A situación interna de Colombia é crítica tanto no terreo económico coma no político ata o punto de que, por primeira vez na historia, un 60% da poboación aceptaría a intervención exterior á cambio de rematar coa violencia do único triángulo que pervive, "o do terror", cos seus tres mortíferos lados: o dos narcotraficantes, a da guerrilla e o dos paramilitares da ultradereita.

Colombia agárrase á esperanza do amigo americano, logo da sucesiva caída dos tres triángulos da Paz: "o da negociación política" conformado, en períodos intermitentes, por tres presidentes Betancurt, Gaviria e Pastrana; "o de ouro", formado polo extrano trípode escaleno, Washingtón"A Habana-Bogotá, que desfixo os seus lados con incompatibles solucións centrífugas; e daquel equilátero "triángulo máxico de Pastrana", 90 días para a distensión, 90 días para o diálogo e 90 días para a negociación só quedan os restos da súa fugaz volatilización protagonizada polas FARC cando anunciou o 24 de xaneiro o conxelamento das negoaciacións, iniciaciadas 17 días antes, ata o fin da impunidade das bandas paramilitares.

Cada hora oito fogares son desprazados por mor da violencia, así se recolle no informe "Un país que foxe" da Oficina para os Dereitos Humanos e o Desprazamento. En tres anos, do 95 ao 98, .000 persoas abandoaron as súas casas e terras, delas o 70% son familias rurais, o 55% son mulleres e o 65% son mozos con menos de 19 anos. Os instigadores dos desprazamento, segundo o prestixioso informe, son na súa maioría os militares ou paramilitares cun 56%, pero a guerrilla tamén é a culpabel do 29% dos desaloxos.

Os 35 anos sen paz arrastran, na súa particular conta de números vermellos tinguidos do sangue dos 35.000 mortos, 1,2 millóns de desprazados e medio millón de exilados.

Ao desacougo e fartura de violencia engádese a peor crise económica vivida por Colombia con datos que non deixan dúbida. O peso devaluouse nun 23% no que vai de ano, o PIB recuou nun 6% nos primeiros seis meses, o desemprego xa morde no 20 da poboación e o salario mínimo non chega as 20.000 pesetas.

Violencia e pobreza nunha Colombia marcada por un novo compasado triángulo de treses, o de ser o 3º país maís corrupto do mundo, o 3ª en volume de axudas recibidas dos EE UU (45.000.000.000 de pesetas, neste ano) e o de duplicar a producción de coca, na zona sur, nos 3 últimos anos.

Que Colombia se convertirse na principal dor de cabeza dos EE UU non é só un preocupante cóctel de violencia e narcotráfico, senón tamén unha obsesión pola insurgencia esquerdista máis forte de latinoamérica, cun dircurso ideolóxico coherente, que entre as dúas principais forzas suman 16.000 efectivos (13.000 das FARC-EP e 3.000 do ENL). Estas guerrillas pusúen unha gran capacidade operativa e controlan unha boa parte do país.

Quizais por todo isto o Tasr antidroga, o xeneral americano Barry McCaffrey, carga as tintas acusando aos grupos guerrilleiros de financiarse coas aportacións dos "señores da droga" que segundo as súas afirmacións as FARC-EP e o ELN terían recibido, 600 e 215 millóns de dólares , a pesares de que a principios de ano o presidente Clintón as descalificase coma "narcoguerilla". Menos expeditivo se mostra o xeneral cos paramilitares que linchan selectivamente a activistas de erquerdas, a defensores dos dereitos humanos, a demócratas convencidos ou a defensores confesos da paz coma o finado cómico Xaime Garzón, que convulsiou ao país recentemente.

Implicar aos veciños para conseguir a forza multinacional de ocupación non parece sementar ilusións na maioría en países que teñen vivido, padecido ou observado a negra historia das intervencións no continente.

O inequívoco rexeitamento de Cuba ou Venezuela, o pronunciamento antiintervencionista de Brasil, ou dos máis vacilantes de Arxentina ou do Brasil de seguroque inclinarán a Washington a incrementar a presencia dos eufemísticos asesores militares que arrastran unha tétrica historia de eficacia antisubversiva, antiesquerdista e antidemocrática en Centroamérica. Boa parte dos efectivos que se deben retirar do Comando Sur de Panamá, xa teñen destino fixo para aplacar á robusta guerrilla colombiana.