É o Director da revista do IGADI, Tempo Exterior. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Especialista na Unión Europea pola Universidade da Coruña (1995) e Diploma de Estudos Avanzados pola UNED (Programa de Doutoramento en Política e Goberno. Subprograma: O proceso político da Unión Europea). Na actualidade, é profesor de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo (Galicia). Imparte docencia na modalidade presencial e virtual do Grao en Xestión e Xestión Pública e no Máster online en Xestión Pública e Liderado Institucional. Foi titular da Cátedra Jean Monnet e de dous Módulos Jean Monnet. Tamén forma parte da Rede “BorderGov” patrocinada polo Social Sciences and Humanities Conseil de Recherches (Canadá) e da Red Internacional de Juristas para la Integración Americana (RIJIA). Os campos de interese investigador están relacionados co proceso de integración europea, en particular, co sistema institucional e a constitucionalización da UE, a ampliación, e coa cooperación territorial transfronteiriza e a paradiplomacia rexional.
Artigos de Cancela Outeda, Celso
