Feligreras, Andrés Herrera

Andrés Herrera-Feligreras. Sinólogo e socio director de Herrera Zhang. Desde 2005 vinculado ás relacións entre España e o mundo chinés, colaborando con diversas institucións públicas e privadas. Formou parte, como consultor senior, dos equipos de FUDE e Emergia Partners. En 2016, cofundou HERRERA ZHANG, unha consultora adicada a construír relacións co mundo chinés tanto para entidades públicas como para empresas e institucións privadas. Desde 2021, preside o padroado da recentemente creada Fundación Qili Fundazioa.

Doutor pola Universidade Pública de Navarra e Máster en Marketing e Xestión Comercial por ESIC-Business & Marketing School. No ámbito académico, foi investigador da Universidade Pública de Navarra, Universidade de Wenzao e Universidade Nacional de Taiwán, e profesorado da Universidade Nacional de Educación (Ecuador) e da Universidade da Rioxa, ademais de profesor visitante en universidades de Taiwán, América Latina e España, entre estas últimas destacan as súas colaboracións coa Universitat Oberta de Catalunya, o Instituto para a Paz e os Conflitos da UGR, a Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Navarra e a Universidade Camilo José Cela.


Artigos de Feligreras, Andrés Herrera

Japón, ¡a escena!

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
  Existe un amplio consenso, entre analistas de distintas tendencias, en torno al papel del primer ministro japonés Junichiro Koizumi (en la foto) como artífice de la ruptura de Japón con su reciente pasado pacifista y la puesta en marcha de una ambiciosa política de liderazgo regional.   De un tiempo a esta parte los …

Feligreras, Andrés Herrera Ler máis »