estudos galegos : Palabra chave

Cartaz do seminario en liña da AIEG

O IGADI participou no Seminario en liña da Asociación Internacional de Estudos Galegos “Estudos Galegos no exterior: Propostas e debate para un diagnóstico”

O Seminario en liña realizado o pasado venres día 14 de xullo, dirixíase á comunidade da AIEG e ao público en xeral, no obxectivo de presentar os datos do diagnóstico arredor do estado dos Estudos Galegos no mundo, que a AIEG iniciou cunha enquisa electrónica lanzada no mes de marzo de 2023. Ademais da presentación dos datos, o Seminario quería abrir un debate que axude a profundizar no diagnóstico, aínda aberto e en proceso. O diagnóstico concluirase presumiblemente á altura do XIV Congreso Internacional da AIEG “Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonia” (17-20 de abril de 2024, Universidade do Minho). Participaron na actividade máis de 30 persoas desde Centros de Estudos galegos de máis dunha ducia de países.

O IGADI participou no Seminario en liña da Asociación Internacional de Estudos Galegos “Estudos Galegos no exterior: Propostas e debate para un diagnóstico” Ler máis »

Un número protagonizado por novos valores da análise internacional en galego protagoniza o Tempo Exterior nº39.

O nº39 (xull-dec 2019) do Tempo Exterior, revista semestral do IGADI de análise e estudos internacionais, pensouse desde os “novos valores” galegos, é dicir, da man das especialistas emerxentes en Galicia que xa van dando conta dun capital humano relacionado co noso país, que pensa e reflexiona en clave internacional, asomando como intérpretes progresivamente recoñecidos

Un número protagonizado por novos valores da análise internacional en galego protagoniza o Tempo Exterior nº39. Ler máis »