Fondos Europeos : Palabra chave

O debate da produtividade dos Fondos Europeos

Liñas de investigación Economía Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

A entrada na UE supuxo un fito con acentuadas repercusións económicas para a nosa autonomía. Imbuídos nun proceso de construción neoliberal, cuxa esencia mesma xa apenas ocupa espazo no debate público, o certo é que a libre circulación de persoas e capitais trouxo algúns beneficios aparellados. Entre eles, o desenvolvemento e expansión de determinados sectores (no caso español o turismo, transportes, etc.) e, sobre todo, o fortalecemento das relacións comerciais comunitarias. Estas últimas representan hoxe en día arredor do 70% das exportacións totais da nosa economía, tendo Francia e Portugal un papel preponderante como destino.

Sande Veiga, Diego

O Secretario do IGADI, Diego Sande, gaña o XXVI Premio Colmeiro da EGAP

O Premio Manuel Colmeiro convócase pola Escola Galega de Administración Pública para destacar traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. Nesta ocasión premiou o traballo de Diego Sande “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza. Análise de resultados no tecido produtivo a través do fondo tecnolóxico”.