Kurdistán : Palabra chave

Fonte: Wikimedia, Kurdishstruggle

O desarme do PKK: unha oportunidade fráxil no taboleiro xeopolítico de Oriente Medio

O 11 de xullo de 2025, combatentes do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) realizaron unha cerimonia simbólica de queima de armas nas montañas de Qandil, ao norte de Iraq. Este acto, promovido polo líder histórico do PKK, Abdullah Öcalan, desde a súa cela nunha prisión de alta seguridade en Turquía, marca un posible punto de inflexión nun conflito de máis de catro décadas co Estado turco. Porén, o xesto, por agora simbólico, abre máis preguntas ca respostas nunha rexión que raramente coñeceu estabilidade prolongada.

O desarme do PKK: unha oportunidade fráxil no taboleiro xeopolítico de Oriente Medio Ler máis »

Imaxe de Abdullah Öcalan durante seu traslado a Turquía dende Kenia, onde fue apresado polos servicios de intelixencia turcos. Fuente https://pastdaily.com/2014/02/18/outrage-ocalan-february-18-1999/

Anuncio do fin do PKK (Partiya Karkerên Kurdistán, Partido dos Traballadores do Kurdistán)

O 27 de febreiro de 2025, a delegación do partido prol kurdo DEM de Turquía visitou a prisión da illa Imrali na que desde 1999 atópase encarcerado o líder do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) de Turquía, Abdullah Öcalan.

Anuncio do fin do PKK (Partiya Karkerên Kurdistán, Partido dos Traballadores do Kurdistán) Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa Asia
EUC 20YEARS EN LOGO RGB RZ 1

Celebrando 20 anos: Desafíos e fitos na ampliación da UE e a problemática kurda en Turquía

A aproximación da Unión Europea (UE) á expansión é semellante a un estratéxico xogo de xadrez, influíndo profundamente nas súas dinámicas políticas e relacións con países veciños. Fai dúas décadas, a UE celebrou unha expansión histórica en 2004, un momento que redefiniu a traxectoria do bloque. Porén, as complexidades da ampliación da UE implican moito máis que simplemente dar a benvida a novos membros; require unha rigorosa avaliación contra criterios ben establecidos. Esta semana, ao conmemorar o vixésimo aniversario desa expansión crucial, é esencial unha reflexión profunda sobre os intricados criterios e desafíos enfrontados durante o proceso de ampliación. De especial interese é o “criterio político”, especialmente en relación coa candidatura de Turquía naquela época.

Celebrando 20 anos: Desafíos e fitos na ampliación da UE e a problemática kurda en Turquía Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

Martirios kurdos

A táctica anuencia de Washington e Moscova á ofensiva militar turca no Norte de Siria, particularmente enfocada na rexión de Rojavá, controlada polos kurdos sirios, denota intereses estratéxicos, moitos deles contrapostos, enfocados na futura reconstrución de Siria e dos prolíficos proxectos de desenvolvemento que se agardan instaurar no país árabe. Nesta dinámica de intereses de

Martirios kurdos Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio

De Palestina a Kurdistán

O inesperado e histórico anuncio de Hamas de recoñecer as fronteiras palestinas de 1967, xunto coa súbita manifestación de choques de unidades militares do PKK e da PDK no Kurdistán iraquí, da conta dos efectos colaterais derivados da inédita recomposición de forzas e de equilibrios estratéxicos que está acontecendo en Oriente Próximo. Esta realpolitik vese

De Palestina a Kurdistán Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio

Repensar o Kurdistán (II)

Nun artigo anterior (“Repensar o Kurdistán”, http://www.igadi.org/web/analiseopinion/repensar-o-kurdistan) explicábase o histórico momento no que se atopa o Kurdistán de cara á eventual reconstitución xeopolítica que se presume para Oriente Próximo por mor dos intereses estratéxicos que se moven dentro do conflito sirio. A este escenario debe engadirse o efecto, directo e colateral, do contexto post-golpe en

Repensar o Kurdistán (II) Ler máis »

Apartados xeográficos Oriente Medio

Repensar o Kurdistán

Na eventual reconstitución de feito que presumiblemente lle agarda ao mapa territorial de Oriente Próximo, particularmente trazadas polos intereses estratéxicos existentes dentro do conflito sirio, é frecuente observar nun considerable sector da opinión pública a perspectiva por focalizar a atención na situación dos kurdos na rexión, principalmente ante as expectativas por eventualmente configurarse nunha expresión

Repensar o Kurdistán Ler máis »

Apartados xeográficos Oriente Medio

A “guerra” de Erdoğan

Existen unha serie de complexas variables detrás da repentina decisión do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan de romper as negociacións de paz coa comunidade kurda en Turquía, revitalizando a opción militar a través dunha serie de ataques contra bases do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) no Norte de Iraq. Paralelo a esta ofensiva, Turquía

A “guerra” de Erdoğan Ler máis »