rohingya : Palabra chave

Campo de persoas refuxiadas Rohingya, Teknaf, Bangladesh. Autor: Masum-al-Hasan Rocky, Fonte: Wikimedia

A traxedia rohingya

A traxedia rohingya é unha ferida aberta no mapa moral do sueste asiático. Dende 2017, a ofensiva militar de Myanmar na rexión de Rakhine, no Goldo de Bengala, forzou o éxodo de máis de 700.000 persoas cara a Bangladés. Expulsados do seu territorio ancestral, os rohingyas exemplifican unha forma de exclusión institucional que pon en evidencia as fendas do dereito internacional contemporáneo.

A traxedia rohingya Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Asia

O polvorín birmano

O drama vivido pola minoría rohingya en Myanmar, vítima dunha limpeza étnica sen paliativos condenada polas Nacións Unidas, non é mais que a punta do iceberg da fráxil convivencia que caracteriza este país dende hai décadas. Ata preto de medio millón de integrantes desta minoría musulmá foron expulsados polo exército regular cara o Bangladesh veciño.

O polvorín birmano Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Asia