XIVSimposio

Inscríbete na XIV edición do Simposio Electrónico Internacional de Política China (21 e 22 de marzo)

O Simposio organizado polo IGADI-Observatorio de la Política China cumpre neste 2024 a súa decimo cuarta edición, abrindo unha nova época baixo a dirección de Raquel Isamara León de la Rosa. O Simposio evoluciona o seu formato, que agora concentrarase por medio de dous días de sesións temáticas en tempo real. Na edición deste 2024 colabora Casa Asia, que participará na inauguración por medio do seu Director, Javier Parrondo.
Palabras chave China OPCh

A XIV edición do SEI dalle continuidade aos obxectivos das trece edicións anteriores, na procura de abrir o coñecemento e o debate sobre a situación do xigante asiático trala celebración das lianghui (que inician o 4 de marzo), as sesións anuais da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés e a Asamblea Nacional do Pobo.

No Simposio participarán presentando os seus relatorios 21 investigadoras e investigadores de 8 países iberoamericanos, achegándose de maneira temática a elementos políticos, culturais ou económicos da China do 2024, prestando especial atención ao diálogo iberoamericano coa China.

Pode consultar o programa na web do Observatorio de la Política China e inscribirse gratuitamente no mesmo.