Tempo exterior Nº 47: A percepción de Galicia desde Portugal e o mundo lusófono

O Tempo Exterior 47 centra o seu monográfico na percepción de Galicia en Portugal e a lusofonía

O novo número da publicación universitaria do IGADI, presenta un monográfico coordenado por Rubén Lois (USC), arredor da percepción de Galicia en Portugal e a lusofonía. Os artigos seleccionados achéganse á historia, actualidade e complexidade desta proxección, así como á relevancia dunha mellor marca/imaxe Galicia nos territorios internacionais de lingua oficial portuguesa.
Palabras chave Portugal lusofonia

Ademais dos cinco artigos enfocados na temática do monográfico, o Tempo Exterior 47 conta cunha sección de miscelánea arredor da igualdade de xénero, África e a demografía europea, xunto unha recensión de libros que pecha o número.

Co Tempo Exterior 47 continúa a súa cuarta etapa histórica, baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, un Consello de Redacción composto por profesores das tres Universidades galegas e un Consello Científico composto por investigadores de 12 países de Europa, América e Asia.

O número conta co apoio publicitario do Concello de Pontevedra e a colaboración da SX de Política Linguística da Xunta de Galicia.