Edicao Final page 0001

O IGADI celebra o Día internacional da Lingua Portuguesa cun especial do OGALUS

A data do 5 de maio foi establecida oficialmente en 2009 pola Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) – unha organización intergubernamental, socio oficial da UNESCO desde 2000, que reúne a pobos que teñen a lingua portuguesa como un dos fundamentos da súa identidade. En 2019, a 40.ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO decidiu proclamar o 5 de maio de cada ano como o “Día Mundial da Lingua Portuguesa“.

No marco desta celebración, o Observatorio galego da Lusofonía (OGALUS) no contexto do seu decimoquinto décimo quinto aniversario, lanza un especial que circula por distintos continentes, achegándose a cuestións esenciais para o espazo da lusofonía do século XXI; como o papel de Galicia ou Macau, a importancia da mobilidade de persoas no espazo xeopolítico da CPLP, o papel das áreas transfronteirizas en construción no espazo internacional lusófono ou as distintas relacións entre estados e actores non estatais da lingua portuguesa.

No especial participan 23 investigadores que ofrecen un mosaico e un diálogo da lusofonía do posible. O especial do OGALUS realizouse baixo a coordinación do Wesley Sateles Guerra, e contou coa parcería do CERES do Brasil e a da Juventude Unida dos Países da Lingua Portuguesa, coa que o IGADI recentemente asinou un acordo de colaboración.

Pode descarregar a publicación nesta ligazón.