Consello Asesor : Vinculación

mxporteiro

Porteiro

Xornalista, escritora e antiga Delegada da Xunta de Galicia en Arxentina. É membro do Consello Reitor do IGADI.

Porteiro Read More »


Artigos de Porteiro, María Xosé

Fonte: Wikimedia Anthony Baratier Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0

A perplexidade democrática

Apartados xeográficos Outros
Na primavera pasada fun convidada a participar no ciclo titulado Democracia, pero que Democracia, dentro do ciclo PENSARMOS do Consello da Cultura Galega (CCG), cunha intervención que titulei A perplexidade democrática.Deseguido ofrécese un sucinto resumo dos asuntos abordados no decurso de dúas horas conducidas por Luisa Martínez, pertencente á Sección de Pensamento que dirixe Celia Pereira Porto.
O patrimonio da diáspora vai ben máis alá de Arxentina e Uruguai

As Delegacións da Xunta no exterior

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Sen rango diplomático, mais con competencias abondo -fóra das estritamente consulares, de defensa, de participación en organismos multilaterais, ou similares-, a acción e a política exterior de Galicia chantan os seus alicerces nunha antiga historia diaspórica adiantada á globalización onde case ningunha fronteira nos foi allea. Compartida pola secretaría do mesmo nome coa de emigración, algunhas competencias radican en política lingüística, promoción económica, cooperación ao desenvolvemento e na diplomacia cultural do Consello da Cultura Galega.

Begin the beguine

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Non son tempos propicios á comparación con outros que puidesen orientar sobre escenarios posibles, así que facer calquera análise prospectiva é moi arriscado. A única certeza na que podemos confiar é a seguridade da incerteza. 

A xangada de pedra no camiño da Unión de Estados Ibéricos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Observatório Galego da Lusofonia
O contexto internacional máis próximo, está a mudar, superado o statu quo saído da segunda guerra mundial e despois da caída do muro de Berlín no século pasado. A actual globalización económica impón novos procesos e hai tensións centrífugas e centrípetas na visión e conformación das realidades nacionais, e tamén nas plataformas multilaterais. O poder
Xose Fortes Bouzan 2020

Fortes Bouzán

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934, é un militar e historiador galego.

Fortes Bouzán Read More »


Artigos de Fortes Bouzán, Xosé

Retrato de Xulio Ríos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomácia
Aínda que non nos coñeciamos persoalmente, tiñamos sobradas referencias o un do outro para que aquel primeiro encontro, un día de primavera do dous mil ou dous mil un, na terraza do bar Carabela, na praza da Ferrería, resultara cando menos prometedor.
Xulian Maure Rivas no IEM

Maure Rivas

Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca (1963) e en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1976), e doutor en Filosofía e Letras. Foi profesor en varios institutos galegos e profesor de Teoría da Lingua Escrita no terceiro ciclo da Universidade de Vigo. De 1973 a 1978 foi responsable das edicións galegas da

Maure Rivas Read More »

Alejandro Molins 1.jpg

Molíns

Alejandro Molíns é membro do Consello Reitor do IGADI. É graduado en Dirección e Administración de Empresas por ICADE (UPComillas) e en Dirección de Empresas de comercio exterior CECO (UPM) entre outros moitos títulos académicos. Alejandro conta cunha longa traxectoria no mundo da consultoría, auditoría e formación arredor da internacionalización económica (loxística, marketing, compras, negociación,

Molíns Read More »

enrique-saez

Sáez Ponte

É licenciado en Económicas e Dereitos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde desenvolveu distintas funcións de Dirección os últimos catorce. Actualmente é presidente do Grupo Torres & Sáez e da Fundación Juana de Vega. Tamén é patrón do Museo do Pobo Galego e membro do consello

Sáez Ponte Read More »


Artigos de Sáez Ponte, Enrique

50 anos do 25 de abril

Breve memoria de aqueles tempos, cando algúns xóvenes esperábamos aquí o fin dun réxime opresivo que se nos facía eterno. O golpe militar do 25 de abril de 1974, en Portugal, foi unha raiola de esperanza. Caía a outra gran ditadura ibérica, a máis antiga do continente, desgastada por unha longa guerra colonial sen saída.

Galiza tira de Portugal cara o norte

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Observatório Galego da Lusofonia
O 10 de marzo, máis de un millón de portugueses deron o voto á ultra dereitista Chega, liña en ascenso en moitos países. Case sempre vótanlles as zonas atrasadas, por medo a unha globalización que cuestiona valores culturais, raciais ou produtivos. En Iberia, cun norte máis industrial e avanzado e un sur máis agrícola e atrasado, os moi conservadores son fortes na zona meridional, subvencionada polo Estado e que, polo tanto, tamén teme perder recursos se cambian as regras de xogo. Chega gañou no Algarve. Aquí, Vox ten peso no centro sur, pero é pouco relevante nas tres nacionalidades históricas.

Negócios internacionais e afinidades culturais

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Case todos admitimos que os falantes de galego e português têm capacidade de perceber-se, falam línguas muito similares. Tive ocasião de aproveitá-lo durante os 12 anos que fui responsável pela presença do Banco Pastor em Portugal, através de uma filial especializada em fornecer crédito ao consumo a clientes de comércios e empresas de serviços. Case todos os meses passava um par de dias na central do Porto. Desde o princípio, empreguei o meu galego, aportuguesado, com clientes, parceiros, empregado, conselheiros, assessores e autoridades bancárias. A equipa humana era local, tomavam-me como um mais e falavam-me com naturalidade na sua língua. Devo acrescentar que, graças a esse contacto periódico, melhorei muito o domínio de um idioma que não é a minha língua materna.
Creative Commons 4.0 Russian Presidential Executive Office (2020)

Erdogan está máis débil, tamén Putin. Tempos de repensar a OTAN

A reacción da parte máis moderna, urbana i europea non poido evitar, por pouco, que Erdogan repita mandato, trala segunda volta das eleccións, celebrada o 28 de maio. Leva 20 anos á fronte de Turquía, antes como primeiro ministro e, desde o 2014, como Presidente, despois de cambiar a Constitución de modelo parlamentario a presidencialista, con máis poder para o xefe do Estado, elixido directamente polo pobo. É o sistema preferido polos que teñen vontade autoritaria, que ademais tenden a saltarse a limitación de mandatos, precaución necesaria para evitar unha deriva ditatorial nestes réximes.

Nunca canses de ollar o que pasa no mundo

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Cando Xulio empezou, hai máis de trinta anos, a estudar o que ocorría polo planeta adiante e creou o Instituto Galego de Análise e  Documentación Internacional (IGADI, 1991) conectaba cunha necesidade urxente dun país que transitaba, en poucos anos, dunha situación demasiado pechada a outra moi aberta.

O galego, un barco para navegar o mundo

Nos duros tempos dos dous últimos séculos moitos galegos tiveron que emigrar, baleirando o espazo rural que non podía manter toda a poboación que tiña. Espalláronse por América e despois por Europa. Na diáspora americana confluíron con españois doutras zonas; agás no caso do Brasil, onde case toda a emigración española procede da Galiza, porque

Hai cen anos que desapareceu a Galicia centroeuropea

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Houbo unha Galicia en Centroeuropa que desapareceu como consecuencia do tratado de Versalles (11-11-1918). Este rematou coa Primeira Guerra Mundial e tamén co que quedaba do Imperio Austrohúngaro, no que había unha provincia chamada Galicia. Non tiña relación directa coa nosa Galicia pero, aínda así, coido que é interesante lembrar o centenario do seu fin.
Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos

Martínez Rivas Read More »


Artigos de Martínez Rivas, Emilio Manuel

A tropa de Putin

Apartados xeográficos Europa
Segunda metade dos setenta. Meu pai sentaba na sala e poñíase a ler unha revista. Eu sentábame perto del rodeado dos meus tebeos: “El Jabato”, “Capitán Trueno”, “Zipi-Zape”, “Mortadelo y Filemón”... pasábamos un bo rato enfrascados na lectura e de vez en cando o meu pai facía algún comentario en alto, que eu non entendía. Algunha tarde, mentres se levantaba a facer café ou a falar coa miña nai, collía a súa revista e vía que tiña moita letra, moitísima letra, algunhas fotos e apenas algún debuxo, que ao contrario dos dos meus contos eu non entendía: nin chisca de gracia tiñan pensaba. Nin sequera os libros da escola tiñan tanta letra. Dende a miña visión de neno de pouco mais de dez anos aquela revista formaba parte do mundo incomprensible dos maiores, un mundo co que nos ameazaban cando en voz alta dicían aquela frase coa que remataban moitas discusións: “Cando sexas maior xa o entenderás”.
Bandeira de Ucraína

Armas para Ucraína

Apartados xeográficos Europa
En maio do ano pasado morreu en Saint Jean de Verges, Josep Almudéver Mateu. Tiña 101 anos. Josep Almudéver nacera en 1919 en Marsella, nunha familia de orixe valenciano, de Alcasser, o que lle permitiría contar con pasaporte español. En 1937, con apenas 17 anos, integrouse nas Brigadas Internacionais. Foi capturado en Alacante en 1939 e condenado inicialmente á pena de morte, posteriormente conmutada. Ao saír da cadea colaborou coa Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón ata que en 1946 exiliouse a Francia, ao caer parte da rede de axuda aos guerrilleiros. A súa vida ben podería dar para unha película, como a vida de David Carr, o brigadista inglés que é protagonista de “Terra e Liberdade”, a película que en 1995 dirixiu Ken Loach.

Co pobo ucraniano, co pobo ruso

Apartados xeográficos Europa
A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo espazo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.
luisalvarezpousa

Álvarez Pousa

Membro do Consello Asesor do IGADI

Álvarez Pousa Read More »


Artigos de Álvarez Pousa, Luís

Acto de entrega do XXXIII Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, 17 de decembro do 2024, no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.

Discurso de Luís Álvarez Pousa no acto de entrega do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Sorpresa, gratitude, satisfacción e conexión emocional. Esa foi a miña reacción máis íntima cando o presidente da Deputación, Luís Menor, me notificou por teléfono a concesión deste premio, por primeira vez dedicado a recoñecer unha traxectoria profesional. Sorpresa, porque descoñecía que me incluíran como candidato. Gratitude a quen presentou a proposta e a quen a

Justo Beramendi, in memoriam. Risco e rebeldía

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
Fóisenos o Justo Beramendi. O historiador, o ensaísta, o cronista político de Tempos Novos e Tempos Dixital. E sobre todo, o amigo e mestre de moitos de nós. O meu codirector de tese. De quen aprendín, con ollos críticos, a ver o mundo desde aquí. Desde a súa Galicia de adopción. Da que deu razón na súa intensa e tensa obra de investigación. De case todo o que el foi falo nesa laudatio que me encargaran cando recibiu o Pedrón de Ouro en 2008, na Casa da Matanza, en Padrón. Boa viaxe, amigo Justo.
Libro homenaxe a Xulio Rios Paredes

O internacional nos medios CORTE E CONFECCIÓN

Apartados xeográficos Outros
En que medida os medios de comunicación son un espello fiel do mundo? Quen se fai esta pregunta é o escritor e reporteiro polaco Ryszard Kapunscinsky nun momento do discurso co que agradecía en Estocolmo a concesión do premio Stora Jurnalstpriset. A resposta tamén é súa: os medios de comunicación reflectan o mundo dun modo moi superficial e fragmentario.

Nos 30 anos do IGADI

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomácia
Trinta anos atrás, o mundo reconducía décadas de confrontación bipolar -a guerra fría-, e abríanse espazos nos que a comunidade internacional tiña a oportunidade de desafiar novos camiños de entendemento para a superación de conflitos. Coa revolución tecnolóxica permeabilizando a imparable transición cara un novo sistema de relacións baseado nun esperanzador reequilibrio de poderes. É

11-S: O prezo a pagar

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
A imaxe que un garda daquel 11-S de hai dez anos é máis cinematográfica que informativa. Vimos unha e cen veces a secuencia na que dous avións chocaban coas Torres Xemelgas, pero o que ese espectacular acontecemento causou non o poidemos visualizar, sempre a contagotas e con imaxes tomadas por testigos espontáneos, ata moito tempo

11-S: O prezo a pagar

Apartados xeográficos Estados Unidos
A imaxe que un garda daquel 11-S de hai dez anos é máis cinematográfica que informativa. Vimos unha e cen veces a secuencia na que dous avións chocaban coas Torres Xemelgas, pero o que ese espectacular acontecemento causou non o poidemos visualizar, sempre a contagotas e con imaxes tomadas por testigos espontáneos, ata moito tempo

O poder de wikileaks

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
A filtración a través da web Wikileaks de 400.000 documentos contendo milleiros de actos ilícitos ou delictivos cometidos durante a guerra de Iraq, que o Departamento de Defensa norteamericano mantivo secuestrados até agora, volve poñer de manifesto que a información sempre resulta ser a primeira vítima dunha guerra. Pero nunca soubemos tan minuciosamente como agora

Nobel xusto e oportuno

Apartados xeográficos China e o mundo chinês ARQUIVO
O comité noriegués dos Nobel pode darse por satisfeito. A histérica reacción das autoridades chinesas calificando de “obscenidade” haberlle concedido ao disidente Liu Xiaobo o da Paz confirma que deu no cravo. Contraataque fallido. Nunca unha boa autodefensa diplomática se saldou en positivo utilizando como munición unha argumentación moral, non política. Tampouco a prensa oficial,

Vergonzosa impunidade

Apartados xeográficos Rússia
O petróleo fai milagres. Un dos máis chamativos, o da comunidade internacional perdonándolle a vida a Vladimir Putin antes e despois de que Moscú anunciara, fai agora un ano, que chegara a fin da guerra contra o terrorismo en Chechenia.

Vergonzosa impunidade

Apartados xeográficos Rússia ARQUIVO
O petróleo fai milagres. Un dos máis chamativos, o da comunidade internacional perdonándolle a vida a Vladimir Putin antes e despois de que Moscú anunciara, fai agora un ano, que chegara a fin da guerra contra o terrorismo en Chechenia. Non hai en Europa un lugar no que os dereitos humanos se veñan atacando con
imgpunal

Martínez Puñal

Profesor emérito de Dereito Internacional da USC e membro do Consello Asesor do IGADI.

Martínez Puñal Read More »


Artigos de Martínez Puñal, Antonio

Reflexións encol da conveniencia da aprobación en España dunha Lei Orgánica de Amnistía para a regularización do Procés Català da autodeterminación. A pertinencia do avance cara un novo contexto constitucional mais libre, igual e fraterno

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación União Europeia
O presente estudo aborda a aprobación, nun exercício de congruencia constitucional, dunha Lei Orgánica de Amnistia a aplicar no marco do Procés Català, com vistas a un adecuado encaixe entre Catalunya e o resto do Estado español. Apóntase asimesmo a uns cambios constitucionais, no marco dunha revisión ou, inclusibel, dunha nova Constitución, de características federais, na procura dunha mellor convivencia, dentro de España, das estruturas territoriales que a compoñen, nomeadamente das súas Nacionalidades Históricas (Catalunya, Euskadi e Galiza). Deberíamos, en definitiva, ao noso entender, de avogar, no marco dun renovado contexto constitucional, á consecución dunha democracia, persoal e territorial, máis social, transversal, participativa e representativa, tal como corresponde ao interés da expresión real dos princípios da liberdade, igoaldade e fraternidade.
Na fotografía, de esquerda a dereita, Antonio Martínez Puñal (Profeor emérito de Dereito Internacional da Universidade de Santiago de Compostela), Modesto Seara ( Reitor do Sistema de Universidades Estatales de Oaxaca, un innovador modelo universitario que deseñou​ en 1988 e que dirixiu desde o inicio de actividades no 1990 ata o 2022) e Manuel Martínez Justo (Coordinador das facultades externas do Campus de Ciudade Universitaria da UNAM). Fotografía realizada no ano 2022, no XXXV Congreso Anual da Asociación Mexicana de Estudos Internacionais, Universidad del Mar Campus Huatulco, Oaxaca, México.

Crónica de una vida dedicada a la academia y a las Relaciones Internacionales: a propósito del perfil axiológico, ideológico y político del profesor Modesto Seara Vázquez

Versión estenográfica de la ponencia presentada en el XXV Congreso de la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, Playa del Carmen, Quintana Roo, 13-15 de octubre de 2011 que iniciaba así: “Permítaseme, en primer lugar, expresar mi agradecimiento a la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, personificada en su presidente, mi viejo amigo desde principios de los ochenta, el Profesor Dr. Manuel Martínez Justo, por la distinción con laqueme han honrado invitándome a participar enel XXVCongreso de la Asociación Mexicana de Estudios Internacionales, en cuyas actividades no había intervenido desde el Congreso celebrado en Puebla, en el verano de 1989. Todo ello para formar parte de esta merecida mesa redonda en homenaje al Profesor Dr. Modesto Seara Vázquez, acompañando al Profesor Dr. Manuel López Quero, de la Universidad Politécnica de Madrid y al exgobernador del Estado de Oaxaca y actualmente Senador da República de México, Licenciado Sr. Eladio Ramírez López.”

Direito a fraternidade

Na obra Debates e Dilemas Contemporâneos do Direito e Fraternidade (Deisemara Turatti, Geralda Magella de Faria Rossetto, Ana Cristina Ben, organizadoras) editado polo CLAEC – Centro Latino-Americano de Estudos em Cultura, no 2024, podes ler o artigo de Antonio Martínez Puñal, “Reflexións encol da conveniencia da aprobación en España dunha Lei Orgánica de Amnistía para a regularización
Capa da obra "Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede"

Direitos Humanos, Fraternidade e Justiça Social na Sociedade em Rede

O livro objeto desta apresentação é dedicado aos Direitos Humanos, à Fraternidade e à Justiça Social, tendo como contexto uma avaliação contemporânea: no caso, as três temáticas são examinadas pela dinâmica da Sociedade em Rede, constituindo-se assim em quatro macro temas, cujas expressões detêm conceitos próprios que lhes dão identidades e características o bastante para serem reconhecidas no mundo da ciência.
Sahara. Wikimedia Foundation

O Estado Saaraui e a inconstitucionalidade da carta do Presidente Pedro Sánchez ao Rei de Marrocos

Apartados xeográficos Outros
Falar sobre o conflito do Saara Ocidental leva-nos inexoravelmente a falar do seu direito de autodeterminaçom, recolhido em numerosas ocasions pola ONU e pola Corte Internacional de Justiça, no seu Ditame do 14 de abril do 1975, no qual reconhecia “o direito das povoaçons do Saara Ocidental à autodeterminaçon”. Contodo, o Acordo tripartito de Madri

Crise global, reestruturación internacional e supervivencia da Humanidade

Apartados xeográficos Outros
A institucionalidade internacional que debería de pilotar a globalización, máis aló dalgunha proposta fragmentaria, fai auga por todas as beiras, deixando á deriva, pese ao crecemento do comercio mundial e dos incontábeis avances nas telecomunicacións, a solución dos graves problemas presentados por aquela. Fai xa bastantes anos, nun Seminario Internacional da UNESCO, citabamos unha serie

A Unión Europea condena a Marrocos

Apartados xeográficos África ARQUIVO
O Consello de Seguranza: outro paso máis cara o seu descrédito. A instancias de México e outros estados membros do Consello de Seguranza das Nacións Unidas, este tratou o pasado día 16 o tema dos últimos sucesos na antiga provincia do Sáhara Occidental en tempos de Franco. O Consello, hipotecado polos países permanentes con dereito

Un papel para Galiza no Bicentenario

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza ARQUIVO
Se ben era de esperar por parte de España, con todo o seu papel histórico colonial, un maior protagonismo en todo o que rodea ao Bicentenario, tamén era de esperar unha actuación máis relevante neste asunto por parte das súas Comunidades Autónomas cunha grande traxectoria emigratoria cara ao continente americano. Algunhas delas, profundamente debedoras dos
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.

Ríos Read More »


Artigos de Ríos, Xulio

Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

China: planificación ou mercado?

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
En China veñen de aprobarse as liñas mestras do novo plan quinquenal, que marca obxectivos ata 2030 e fixa un horizonte estratéxico mínimo en 2035, cando se prevé alcanzar o primeiro chanzo do xiísmo, ese enfoque de longo prazo que proxecta o seu horizonte ata 2049, primeiro centenario da fundación da República Popular Chinesa. Xogando nesas longas franxas temporais, China leva tempo competindo noutra liga.

O Castedo Carracedo da aula 113

Na axenda da visita de Estado dos Reis a China, que decorre esta semana, figura un xesto de especial simbolismo: a descuberta dunha placa conmemorativa en homenaxe aos primeiros profesores de español que impartiron docencia en Beiwai, a Universidade de Estudos Estranxeiros. Trátase dun paso significativo no recoñecemento de Pepe Castedo e doutras figuras que, coma el, sementaron a presenza da lingua e da cultura españolas na China en tempos non sempre propicios.
Gráfico publicado por Paul Krugman no seu blog o 15 de outubro do 2025

Poderíos históricos

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
A invocación do esplendor pasado é parte activa da narrativa que determina a maior competencia estratéxica do noso tempo, entre os EUA e China. Cando Trump afirma que o seu programa aspira a facer a América grande de novo, non está moi lonxe do xa adiantado polos dirixentes chineses dende hai décadas, unha modernización entendida como a recuperación da grandeza perdida. Se estes, en espiral ascendente, invocan un pasado algo remoto, en Washington a obsesión radica en impedir o declive a calquera prezo.

Confucio & Mao

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Liñas de investigación Observatório da Política Chinesa
¿Un socialismo con peculiaridades chinesas ou unha China con peculiaridades socialistas? Como explico en “Marx & China. La sinización del marxismo” (Akal, 2025), a adaptación é o signo principal da política chinesa contemporánea. Sen embargo, ao analizar a súa evolución, hai tempos ben marcados. No maoísmo, por exemplo, tanto antes como despois do triunfo da revolución, esa adaptación referiuse en exclusiva ao marxismo ao tempo que amosaba unha clara liña de continuidade respecto ás críticas á cultura tradicional habituais nos movementos modernizadores que dende o século XIX fixaban a súa atención nas correntes intelectuais procedentes dun Occidente de signo emancipador fronte ás servidumes do pensamento clásico chinés.
“Declaración de Pequín” o 23 de xullo de 2024, por parte das delegacións dunha ducia de faccións palestinas, incluídas Fatah e Hamás. Fonte fotografía: Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.

China, de Ucraína a Gaza

Apartados xeográficos China e o mundo chinês
Na asemblea xeral que a ONU celebrou en New York, o Presidente Volodymyr Zelensky, voltou pedir a China que presione a Rusia para que acepte un cese das hostilidades. Na mesma tribuna, o colombiano Gustavo Petro instaba a China a ser parte dunha acción militar para frear o xenocidio israelí. Pero, que tanto pode facer China para traer a paz?....

Europa ante o espello

Unha das mellores sínteses explicativas da guerra de Ucraína foi a expresada por Xiang Lanxin, director do Institute of Security Policy de Shanghai: “Rusia non ten razón pero ten as súas razóns”. É unha perspectiva moi compartida no Sur Global e a falta dela está na orixe da cegueira europea e occidental. En 2019, Macron, textualmente, certificaba a “morte cerebral” da OTAN. Poucos anos despois, a guerra na Ucraína situábana camiño dunha sorprendente resurrección.

A causa militar contra Plácido Castro

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
Liñas de investigación Paradiplomácia
As dilixencias previas instruidas contra Plácido Castro pola autoridade militar en agosto de 1939, “Año de la Victoria”, revelan algúns aspectos de interese a propósito da caracterización desta “persona de marcada significación izquierdista”. Igualmente, é sintomático dos tópicos daquel tempo e da represión exercida contra a militancia democrática.
Bolsa de Shangai. Fonte: Wikimedia

Unha China máis privada?

Coa previsible aprobación da primeira lei de promoción da propiedade privada nas sesións parlamentarias chinesas deste marzo, opérase un salto cualitativo no proceso de institucionalización deste sector da economía non pública trala aprobación, en 2007, do código de dereitos reais que xa sinalaba o papel destacado do sector privado no conxunto da economía chinesa.

Especial Ano Castelao (III) O universalismo de Castelao

Apartados xeográficos Ação estrangeira da Galiza
A Galicia de Castelao foi sempre unha Galicia universal e reclamaba para os galeguistas o mandado de levar o seu nome polo mundo adiante. Na declaración de principios do programa galeguista figura a definición de Galicia como unha célula de universalidade que resumía en antiimperialismo, federalismo internacional e pacifismo. Para Castelao, o rexurdir de Galicia inseríase no degoiro de capacitarse para ser un novo actor da humanidade, “guindando coas fronteiras e procurando a paz dos pobos e o benestar dos homes”.