Alejo

Distribuir

Distribuir contido

Alejo, Antonio

Nome: 
Antonio

É doutor en Procesos políticos contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela e investigador asociado do Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional (IGADI). Forma parte do programa de bolsas de investigación da Deputación da Coruña. 

As súas liñas de investigación principais enfócanse á socioloxía e política global, diplomacias alternativas e mobilidade humana. Publicou no 2017 "Política global y sociedad civil en las Américas" La Catarata.


7 artigos publicados
09/11/2022
Inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11 (Cidades e comunidades sustentables) e 17 (Asociacións para acadar os obxectivos) da Axenda 20230, esta nota reflexiona sobre cómo as cidades intermedias teñen as súas propias características e capacidades para cumprir un papel global nun contexto global no que as cidades asumen un papel relevante nas diversas axendas globais (cambio climático, desenvolvemento, entre outras). Para reflectir sobre iso, aquí destacamos como o traballo en rede e a colaboración entre axentes económicos e culturais contribúen á proxección exterior e á capacidade de atractivo territorial dunha cidade como A Coruña.
22/05/2020
Ao elaborar esta reflexión sobre o actual momento da migración no mundo, nunha contorna global, xurdiu a nivel internacional, a expansión do novo coronavirus. Ante este fenómeno de saúde global, as narrativas que ofrecen solucións estado-nacionais para atender a devandita pandemia, lévannos a pensar na intensificación e normalización de miradas que asumirán que “Primeiro o meu País!” antes que calquera iniciativa de cooperación global. A evolución das políticas migratorias e de fronteiras, como veremos máis adiante, mostra unha contorna pouco favorable para as persoas que por diferentes razóns fan a súa vida en movemento.
29/09/2019
A situación contemporánea das persoas que buscan protección internacional por desprazamento forzado xera novos desafíos sociais e institucionais para garantir a convivencia harmónica entre comunidades locais e aquelas que buscan refacelas súas vidas en Europa. Ante isto, as cidades son nodos centrais para procesar axendas como os Pactos Globais para a migración e o refuxio. Isto lévanos á necesidade de reflexionar sobre como as cidades de Galicia forman parte de este proceso. Intérnome pois na experiencia de Santiago de Compostela e nun dos seus alicerces institucionais: a súa universidade.
23/04/2019
Wendy Brown afirmou que "Asociar ao estranxeiro coa diferenza e o perigo é tan antigo como a comunidade humana" ¿Hai unha especificidade contemporánea nesta asociación? Neste texto asúmese que si. Recórrese ao “nativismo” para explorar a lóxica sociopolítica que explota a idea: “Primeiro, meu país” coma sentimento de grandes grupos de nativos que atopan nesa idea a solución política ás deficiencias e desafíos aos que están expostos no seu día a día.
20/02/2019
Estas reflexións son a segunda achega dunha serie de artigos para Praza Pública sobre o fenómeno global das migracións, froito dunha investigación sobre persoas refuxiadas en Galicia financiada polo programa de bolsas de investigación da Deputación da Coruña 2017-2018.
22/01/2019
Estas reflexións son a primeira achega dunha serie de artigos para Praza Pública sobre o fenómeno global das migracións, froito dunha investigación sobre persoas refuxiadas en Galicia financiada polo programa de bolsas de investigación da Deputación da Coruña 2017-2018.
17/10/2018
O tema das persoas que buscan refuxio en Europa por diversas causas converteuse nunha das axendas políticas prioritarias da Unión Europea e os Estados membros. Diante desta situación e de diferente xeito, están a atenderse os procesos de integración nas sociedades europeas. Presentamos unha pregunta -Como Galicia está a procesar estas dinámicas de mobilidade humana de acordo ás súas características propias? Aquí menciónanse tres casos que están a representar retos á gobernanza das persoas refuxiadas na comunidade.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais