20020615 029 fonte publica concello vigo

A auga como Dereito Humano

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 Fonte pública do Concello de Vigo; clic para aumentar
A Organización Mundial da Saúde indica que o 80% de todas as enfermidades no mundo en vías de desenvolvemento son causadas pola falta de auga en condicións, sendo este factor unha das máis importantes causas de mortalidade infantil. Segundo a devandita organización, uns 5.000 nenos morren cada día vítimas dos problemas causados pola auga non saneada. Xunto a estas cifras alarmantes, debemos ter en conta que máis de 1.000 millóns de persoas carecen de acceso á auga potable e 2.500 millóns non teñen auga para servizos sanitarios. [Foto: Fonte pública do Concello de Vigo, no camiño do Lagares. ©Fernando Pol].
 

O V Foro Mundial da Auga finalizado en Istambul o pasado 22 de marzo, deu lugar a unha Declaración Final que non contentou a todos os Estados participantes. O acceso á auga como Dereito Humano foi o obxecto da discordia nun foro que se realiza cada tres anos.

Durante unha semana e baixo o lema "Tender pontes sobre as diferenzas a favor da auga", celebrouse o evento internacional mais importante da auga, que reuniu a 25.000 persoas entre dirixentes políticos, expertos, empresas e representantes de organizacións non gobernamentais. Houbo uns 100 debates que trataron diversos temas relacionados coa protección dos recursos hídricos, o cambio climático e os riscos de xestión da auga, entre outros. Paralelo ao foro, tivo lugar unha exposición e unha feira sobre o aprezado recurso, na que estiveron gran número de empresas co fin de mostrar as últimas tecnoloxías relacionadas con este elemento.

Diversas fontes indican, que o rexeitamento da maioría dos Estados a establecer o acceso á auga como un Dereito Humano Universal na Declaración Final xa mencionada, baséase en que o Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas está a estudar as implicacións políticas e sociais dese recoñecemento. Mentres, as dimensións do impacto da saúde nas poboacións que non teñen acceso á auga potable, vai en aumento.

A Organización Mundial da Saúde indica que o 80% de todas as enfermidades no mundo en vías de desenvolvemento son causadas pola falta de auga en condicións, sendo este factor unha das máis importantes causas de mortalidade infantil. Segundo a devandita organización, uns 5.000 nenos morren cada día vítimas dos problemas causados pola auga non saneada. Xunto a estas cifras alarmantes, debemos ter en conta que máis de 1.000 millóns de persoas carecen de acceso á auga potable e 2.500 millóns non teñen auga para servizos sanitarios. Doutra banda, dadas as circunstancias ambientais e a situación xeopolítica do mundo, pódese afirmar que o devandito recurso vital, será a orixe de enfrontamentos e conflitos armados ó longo do século XXI.

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, acordados por 191 países no ano 2000, estableceron no Obxectivo número 7 "A sostibilidade do Medio Ambiente" e na Meta 7.C aumentar a máis da metade a proporción de seres humanos que teñan acceso á auga potable para o ano 2015. A aplicación das distintas medidas acordadas para lograr o Obxectivo, conseguiría erradicar definitivamente os problemas de auga en países como Ghana, Tanzania ou Uganda.

Evitar que foros como o de Istambul convértanse en eventos onde comercialízase coa auga e os seus recursos, debe ser un compromiso e obxectivo de todos os participantes. Sen embargo, fomentar unha cultura de desenvolvemento sostible en torno á auga debe integrarse nas políticas domésticas do todos os gobernos do mundo, aprendendo e seguindo exemplos coma o de Sudáfrica que acordou por lei o dereito á auga potable, nun radio máximo de 200 metros das poboacións mais pobres. Esta medida supón que, a data de hoxe, dous millóns de sudafricanos teñan acceso a infraestruturas básicas de auga e saneamento.

Cos datos expostos, existen probas mais que suficientes para establecer que o acceso á auga potable debe estar protexido de intereses e estratexias con consecuencias catastróficas. Trátase dun recurso vital, necesario para todos os seres humanos e como tal debe considerarse un dereito básico, individual e colectivamente inalienable.