“Ningunha terra baixo o ceo non pertence ao emperador e ningún home entre os catro mares é o seu súbdito. China, que quer dicir o Imperio do centro, é o país elixido polo ceo”. Esta ideia baseou a política exterior chinesa durante moitos anos. Tantos como os 5.000 anos de civilización que a sociedade chinesa pode acreditar documentalmente e na realidade. Mais dende un punto de vista práctico, era imposible para o emperador encargarse de todo o mundo que lle pertencia por gracia do ceo e por iso limitabase a administrar a súa terra. As xentes doutras partes que presumían de certo grado de civilización esperabase que viñeran a mostrar os seus respetos ao emperador. Aqueles que non o facían eran considerados bárbaros e por iso non merecentes do goberno do emperador.
A garantía da submisión por xentes de todas as orixes dabase por suposta pois a corte imperial debería levar a cabo un goberno benigno no interior e que, a través dun alto nivel de civilización, gañariase o favor dos estranxeiros no exterior. Cando un embaixador dun país considerado inferior chegaba a China para amosar os seus respetos ao emperador e entregaba tributos en simbolo de submisión, o emperador, -que nunca devolvía visitas- correspondía coa concesión dalgún tipo de recompensa moito maior que o valor do tributo ofertado.
Cando a China foi derrotada polos ingleses na Segunda Guerra do opio, a corte do emperador pediu aos representantes dos países estranxeiros que seguiran a convención soberano-subordinado axionllandose diante do emperador, condición que os poderes internacionais non aceitaron. Por iso, un funcionario chinés explicou ao emperador que os estranxeiros estaban feitos de xeito diferente aos chineses e que os seus xionllos non podían dobrarse. Ao final, acordouse que os enviados estranxeiros inclinarianse diante do emperador.
Moitas cousas están cambiando na China dende entón. Mais os chineses aínda gardan algo desas antiguas ideias de autoengrandecemento e de orgullo polo seu país. Hai quen afirma que precisamente ese foi o grande erro histórico da China nos últimos cen anos: o non saber ollar mais abertamente ao exterior. Por iso, dende a década dos 70, a China vira a súa extratexia e está mais atenta ás tendencias de desenvolvemento internacional, coa convicción de que a paz, a globalización económica e a revolución tecnolóxica son as orientacións que o país debe seguir. Ou dito doutro xeito, a China parece estar plenamente decidida a incorporarse aos avances xunto co resto dos países. Para evitar a recaída nos conceptos anteriores de egocentrismo e extremo nacionalismo.(China Today. Vol. XXXXI).
Dende a apertura, fai xa 20 anos, a China ven incrementando o seu comercio internacional e as súas relacións económicas a un ritmo considerable. Na actualidade, é o séptimo país do mundo en cantidade económica e o noveno en volumen de comercio exterior. A entrada de China na OMC é unha mostra dos desexos poíiticos de participar activamente na globalización, pois observase como un requisito insustituible para o desenvolvemento da súa economía e a liberalización dos investimentos, tan importantes para este país. A previsión é que a China continúe abrindo máis os seus mercados e acelere a expansión dos seus productos e servicios. Sectores como o dos recursos enerxéticos, transportes, comunicacións e protección ambiental abriranse ó investimento estranxeiro, asi como o da banca, seguros, telecomunicacións, comercio, turismo e educación. O crecemento anual para os próximos dez anos sitúase arredor do 7 por cento, a pesar dos riscos deflacionistas que existen neste Imperio.
En palabras de Xulio Ríos, director do IGADI e analista da cuestión chinesa, a China está en todas partes. Semella que a producción chinesa se despreguiza da lama dos arrozais para escomenzar unha longa marcha cara a conquista de novos mercados incluindo o da informática e as novas tecnoloxías. Modernización económica é a expresión clave. Modernización económica pero inalterabilidade poíitica. Mais a maioría dos analistas pensan que a modernización arrastrará os cambios necesarios no eido político para evitar que, desta vez, a China poida perder o carro da historia novamente.
En Beijing, a capital do Imperio, cada día ábrense máis academias e escolas universitarias con carimbo de países como Canadá, USA, Australia, Reino Unido, Holanda, Alemaña ou Francia, donde infinidade de estudantes de todas as clases sociais acuden para perfeizoar o inglés, os seus coñecementos de management ou para prepararse para sair a estudar durante catro ou cinco anos a unha lista interminable de universidades de todos os países. O diñeiro non é problema. Pois se os pais non teñen suficiente cantidade, a familia, pilar básico da sociedade chinesa, vai a axudar, coa esperanza de quen hoxe é un estudiante máis, sexa no futuro un importante profeisional que axude aos outros membros da familia na sua saída cara adiante na vida.
A sociedade chinesa despreguizase. E faino, ademais, consciente da importancia que ten como país e como mercado, nun momento en que nas mais altas esferas económicas do mundo, escomenzase a falar de recesión. A China, xunto con outros países en vías de desenvolvemento, podería ser o novo mercado donde os países ricos atoparan o nicho en donde seguir adiante co modelo de crecemento que sostenta a economía mundial. E os chineses saben diso, pois non son alleos aos comentarios de importantes analistas económicos que afirman que a empresa que non teña un lugar na China nos próximos anos, estará condeada a desaparecer ou a perder fortaleza dentro do mercado mundial.
No que ás empresas galegas se refire, a China non é unha novedade, se ben tampouco parece ser un obxectivo prioritario, a tenor das últimas estatísticas de comercio exterior galego. O granito de Porriño, empresas como Caramelo, ou outros productores de lencería con sede en Lalin, veñen negociando na China dende hai tempo. As importacións de algún tipo de peixe e de camarón dende China para España están lideradas por unha importante comercializadora madrileña con capital galego.
Despois de máis de 13 anos de negociación, a China será membro de pleno dereito da OMC, e sectores como a automoción, o téxtil ou o agricola, por citar algúns, deberán reducir os actuais aranceis alfandegueiros. Ademais, a entrada da China na OMC implicará o establecemento dunha serie de garantías para o comercio que non poía ofertar por si mesma ata agora. Os americanos, por exemplo, saben diso. E con eles, a chegada de máis capital internacional e tecnoloxía está garantida.
As expectativas, pois, son grandes e os próximos dous ou tres anos serán decisivos para aquelas empresas que aínda non teñen presencia nun mercado de máis de 1.300 millóns de consumidores. Unha vez mais, as empresas galegas e españolas deberán arriscar para non perder o carro dun mercado polo que paga a pena loitar.