ue

Crónicas sobre integracións europeas – apuntes e ideas para unha Europa de todxs

Introdución – unha parada nos éxitos.

Son varios os ritmos das diferentes tendencias de integración da Unión (UE) ou Comunidades Europeas. Lémbrese do espazo Schengen, por si había algunha dúbida a súa suspensión de facto durante a pandemia nos volveu a lembrar o peso do seu valor. É na meirande parte deste espazo onde diversas políticas se desenvolven, por poñer algún exemplo, en materia de seguridade, que axencias coma Frontex, que tenta levar a cabo unha labor de cooperación na xestión de fronteiras exteriores dos países que compoñen Schengen. Ou no plano interno, como os que desenvolve a axencia EUROPOL, tamén no marco da cooperación policial.

Schengen ven progresando en efectividade para remexer obstáculos na libre circulación de persoas e mercadorías así como na xestión dos diferentes riscos inherentes. Porén, alén das tendencias que teñen certa influencia organizativa nos corpos e forzas de seguridade dos estados membros e na vida das persoas, as correntes de integración preceptuadas xa nos tratados comunitarios son múltiples.

Economía – realidades e desafíos diversos.

Outro dos obxectivos con mais sona dos procesos de construción europea establecidas nos diversos tratados son remover os obstáculos para a libre circulación de capitais. Neste senso, foi a partir do ano 2015 cando se comezou a facer público o primeiro plan de un mercado único de capitais. Unha solución máis concreta, cuxos obxectivos en grandes liñas son de gañar en atractivo e resiliencia a respeito dos servizos de compensación dentro da UE, co propósito de apoiar unha autonomía estratéxica e preservar a estabilidade financieira; á vez que se avanza na harmonización de leis comunitarias de insolvencia corporativa, facendonas mais eficaces ao tempo que se promove o investimento transfronteirizo. Ademais procura aliviar, a traverso dunha nova lei de cotización que reduciría atrancos burocráticos, ó acceso das empresas europeas aos mercados de capitais públicos, nunha tentativa de establecer unha maior apertura, sen esquecer o acceso das pequenas e medianas empresas ao capital.

Tralos esforzos comunicativos e de revisión da política, e completar a súa articulación en proposicións de paquetes lexislativos durantes os anos de pandemia -que entre outras cousas tamén acelerou este proceso- a Comisión Europea pasa o testemuño as outras institucións codecisoras (Parlamento Europeo e Consello da Unión Europea), e mailos estados membros, que xa nesta etapa lexislativa pronto deberán decidir qué aceptan e cómo os transporán nos seus respectivos territorios.

Avances na integración do poder xudicial.

No lado do gasto do orzamento comunitario, un fito importante foi a posta en marcha da fiscalía europea, da que a opinión pública hispana puido facerse eco tristemente con motivo do encarcelamento e posterior posta en liberdade dun Xeneral da Guardia Civil comprometido nun asunto de xestión de programas europeos de cooperación ao desenvolvemento, con implementación no Sahel africano, e que presumíbelmente vencellaba a Fundación Internacional e para Iberoamérica da Administración e Políticas Públicas, como entidade coxestora.

A Fiscalía europea (European Public Prosecutor’s Office, nas súas siglas en inglés) nace no 2021 co pulo dun debate xa lonxevo de equiparse dunha maior capacidade de actuación perante a complexidade do escrutinio dos fondos europeos dende a perspectiva do cumprimento das regras quer dunha óptica de xudicial, ou mesmo cidadán, que tamén poden acudir a ela. Esta é unha nova instancia que se ocuparía de investigar, procesar e levar ante a xustiza aos autores dos delitos contra os intereses financeiros da UE. En suma, unha oportunidade para facer práctica a idea dos fondos europeos coma diñeiro de todxs, e xa non mais de ninguén.

E todo elo nun momento onde os expertos comezan a celebrar melloras a respeito da sobretecnificada xestión destes fondos, señan de recuperación, de investigación e inovación, estructurais, de cooperación ao desenvolvemento e demais. Malia que se observa algún brote verde na capacidade de execución dos fondos por parte das Administracións, continua a apuntarse, cando menos no caso español da igual a que nivel administrativo, que ainda queda moita marxe de mellora por mor das súas disfuncionalidades e rixideces.

Identidade europea.

Pola súa actualidade mediática, cuestións de interrelación entre poder duro e brando son temas que neste texto atopan o seu lugar. No plano identitario a guerra con Rusia en territorio ucraíno axudou a introducir na opinión pública europea a imaxe de estarmos en guerra. Pola súa eficaciae, dende tempos do Sun Zi vense teorizando sobre a guerra contra un inimigo como tradicional elemento aglutinador de identidades. Si ben a declaración Schuman nomeaba a Segunda Guerra Mundial como unha das razóns berce da idea da cooperación europea como entidade pacificadora, a guerra de Ucraína plantexa un escenario diferente na construcción comunitaria. En resposta, cumpría aquí monitorizar de perto as diversas narrativas europeas para que non se desvíen dos discursos de paz e fuxan de outros máis belicosos.

Conclusión.

Varios elementos sinalan a que a construción da Unión como resposta de gobernanza dunha rede de estados europeos a retos supranacionais acelerouse e afiánzase como previsto polos seus líderes e outras partes interesadas. Estas últimas abranguen adicionalmente a empresas e a nós, os cidadás, cuxa comenencia debería traducirse en que os diferentes procesos veñan reforzando as existentes dinámicas de abaixo cara arriba (bottom-up). E así non perder oportunidade de matizar calqueira lenzo bosquexado por elites ás que de tempo en tempo hai que lembrarlles á quen se deben. Un bo exemplo plantéxase na posibildiade de participación nos diferentes procesos de consulta que a Unión acostuma lanzar. Para elo, a sociedade civil europea ten todo o interese en ser capaz de seguir estas dinámicas, dar resposta e operar alén de calqueira cadro perfilado en Bruselas. Teóricamente esta sería, si, a Europa de todxs.