Artigo publicado no IGADI Annual Report 2023-2024 "Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade"
cimeirauegranada2023

Balance da Presidencia Española da UE 2023: máis histórica ca mitigada, pero menos imprescincible do que se pensa

Como dixo Rubalcaba no seu día, en España entérrase moi ben, mais o que mellor sabe facer é recibir moi ben. 85 millóns de turistas ao ano aválano. Cando as folgas estudantís de Chile levaron a trasladar o megacongreso que é o cumio do Clima de Santiago de Chile ao IFEMA de Madrid en apenas unas semanas, España acolleu a COP25 sen despeitearse. Así,  o espectáculo musical-gastronómico para líderes europeos na Alhambra foi alcumado polos asistentes unha  “Gran nada”, pois  pouco saíu dalí sobre o futuro de Europa que era o obxecto da cimeira.
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

Agora ben, só os moi eurocafeteiros se lembrarán da ruta de cumios de Sibiu a Bratislava . A construción europea, se ben precisa de momentos crise (caso do plano de Recuperación co gallo da COVID-19) é un proceso iterativo e por decantación. Cada presidencia quere ter un cumio de Maastricht, Ioannina, Edimburgo, Gotemburgo, Roma do que lembrarse, xustificar o dispendio e presumir de “influencia internacional”. Non é o habitual no circo semestral ambulante que é a parte informal das presidencias – desde o Tratado de Niza as cousas serias acórdanse en Bruxelas, outra mostra máis dos belgas para escamotear cousas para o seu beneficio- . Se de Bratislava saíu a Axenda Estratéxica 2019-2024 de Granada verase retrospectivamente súa contribución a axenda da UE post-2024, coa inestabilidade externa (Ucraína, China, EE.UU, Oriente Medio) e interna (Hungría sendo capaz de retrasar a revisión do orzamento da UE e os 50.000 millóns para Kiev).

Prever é vencer”

Se ben os análises  sobre o impacto mitigado da quinta Presidencia semestral son acaídos – elección sorpresa e interludio negociador dunha complicada investidura mediante-, non por iso deixan de pór as Presidencias actuais nun estándar que xa non se corresponde coa actualidade.  A Presidencia, que comezou a formarse coa creación unha  unidade especial en Moncloa xa no 2018, apóiase nos equipos negociadores de cada ministerio destacados na REPER española, engordados por funcionarios desprazados temporalmente e  laborais contratados en Bruxelas para a ocasión, fixo o seu traballo máis que correctamente.

É o mesmo traballo ca calquera semestre, con moita máis responsabilidade pola expectativa política do ministro do ramo que preside a respectiva formación do Consello da UE, e a loxística de montar un programa de actividades a maiores das reunións e grupos de traballo no Consello. Non estamos xa nos 60 ou 70,  e as prioridades de cada Presidencia non son máis cás que levar a bo termo o programa conxunto acordado con Comisión e Parlamento, tentando de meter temas na axenda e en priorizar algúns con interese particular -no caso español, Latinoamérica-.  O semestre español aproveitouse de ser unha “presidencia de ouro”-, a última plena da lexislatura actual, ideal para forzar acordos, favorecida tamén pola febleza case terminal do Presidente do Consello (no seu censo literal, o seu único poder real é convocar e presidir as reunións do Consello Europeo é tocar a campaiña, ainda que o seu papel sexa formalmente máis importante có Presidente do Goberno, por moito que o ministro se empeñe loxicamente en pór a axenda internacional de Sánchez coma “presidente da UE”, cargo inexistente, á altura da de Biden).

Fitos da Presidencia

Pecháronse así nada menos que 70 dossieres en total, un récord como mesmo recoñece a oposición, tras 200 reunións negociadoras con Parlamento e Comisión. No resumo aportado pola propia Presidencia abundan deses tradicionais dossieres comunitarios de nome aburridísimo pero cruciais cruciais no día a día tal que a Directiva do Tratamento das Aguas Residuais Urbanas, ou   envases e residuos de envases. Moitos deses acordos foron preparados por presidencias previas e e tiñan a presión do tempo antes de en marzo os eurodeputados se vaian de reelección e reconstitución ata novembro coa nova Comisión, presumiblemente Von der Leyen II- nunca é doado chegar a acordos. 

Nese eido, o coñecemento técnico e reputación persoal dunha Teresa Ribera foi fundamental acordar a  “Lei” de Resturación da Natureza que ten ao campo europeo en pe de guerra, a reforma do mercado eléctrico europeo (que da certa continuidade á temporal “excepción ibérica”), o pioneiro a nivel mundial Regulamento de Intelixencia Artificial, o controvertido e adiado Pacto de Migración e Asilo, así coma  reforma das regras fiscais da UE estas da man da Vicepresidenta Calviño, antiga Directora Xeral de Orzamentos da Comisión, daquela Minisra de Economía e agora Presidenta do BEI.

Así a todo, España nin é tan grande como para impor a súa axenda nin é tan pequena coma para necesitar unha presidencia para avanzar os seus intereses. O histórico Plano de Recuperación debeuse en boa parte ao tándem Calviño-Sánchez. Tamén ser quen de sumar aliados inesperados, coma a proposta España-Países Baixos só meses despois da tensa disputa “frugais-porcos” sucesora da de “alcool e mulleres”, un cambio máis que notable na era Sánchez.  Por non falar da arriscada visita de premieres Hispano-Belga -presidencia de turno e a seguinte- a Israel e Rafah. Nembargantes, o principal límite á acción española é a súa división interna, lavando os trapos suxos en Bruxelas, coma a bochornosa petición de mediación á Comisión de PP e PSOE.

Que pinta Galicia en todo isto?

Ser sede de varios encontros -significativo o pouco impacto social do encontro de ministros de Finanzas de Calviño en Santiago comparado co moito menos importante Consello Informal de Educación do ministro Rajoy dúas décadas antes, síntoma dunha eurofilia en decadencia ou simplemente madura- dos 500 repartidos polo goberno minoritario pola xeografía peninsular.  É de agradecer que alomenos pro-forma se lle preguntase ás Comunidades polas súas prioridades para a Presidencia (estas son as de Galicia). Infelizmente, escoitar non é cogobernanza. A pegada galega máis salientable foi puramente accidental, cando, pola carambola negociadora da investidura, o galego estivo fugazmente na axenda coma posible idioma oficial da UE, ao mesmo nivel có español pero cunha presenza semellante ao gaélico. Do que nos quedará a impresión de ver brevemente a versión en galego na web de proba da Comisión Europea.

Podes descarregar o IGADI Annual Report 2023-2024 “Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade” nesta ligazón