De “Echelon” a “Megaechelon”

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego

Novos satélites máis potentes e precisos, con sofisticados mecanismos para interceptar as mensaxes, están listos para pórse en órbita ao servicio da Rede Echelon co obxectivo de controlar as comunicacións entre calquera punto da terra. So existe un buraco que, polo de agora, se libra do gran ollo Echelon, un estado vinculado con platexamentos sobrenaturais: O Vaticano.

Esta semana foi o xornal “La Repubblica” o que aportaba novos e inquietantes datos sobre a consolidación de Rede de Espionaxe de terceira xeración, á que se deu en chamar “Echelon”.

Nunha das salas do soto do Departamento de Defensa, emprazado en Washington está o centro receptor das sinais de espionaxe por satélite, ocupando un habitáculo non inferior a unha hectárea.

Na actualidade o operativo espacial xa cubre a maior parte da terra, e agáchase baixo a clave de ISR (Intelligence, Surveillance, Reconaissance, isto é: Espionaxe, Vixilancia e Rrecoñecemento). Xa están deseñados novos radares de 15 metros de diámetro, semellantes en operatividade ás que están localizadas en Menwhit Hill de 40 m. de diámetro. O seguinte paso no obxectivo de “obter información sobre todas ameazas operativas á vida, os bens e os intereses dos EEUU”…, é conseguir megacalculadoras que sexan quen de descifrar, en tempo real, as exponenciais posibilidades das mensaxes encriptadas. O modelo de referencia a empregar é o usado en Los Álamos, para calcular a intensidade das explosións nucleares simuladas.

O orzamento previsto nos servicios de intelixencia para lograr “…o éxito nas misións a traveso do dominio da información…”, achégase aos seis billóns de pesetas, case o duplo do destinado ás misións espaciais.

¿Quen está protexido das ondas da rede de espionaxe anglosaxona?. Só o vaticano asegura estar en disposición de canear a Echelon. Non por vontade dos espías, senón por celo dos espiados. Conta “La Repubblica”, que entre os anos 1995 e 1998, Echelon violou as conversas diplomáticas do Vaticano, especialmente as mantidas con países díscolos á vontade dos EEUU (Iraq, Libia, Irán…). A raíz de seren descubertas as fugas, a curia romana non escatimou esforzos en blindar as comunicacións terreais do representante divino.

O Megaechelon está en marcha e xa ninguén parece estar a cuberto do gran ollo espacial que dende o mundo anglosaxón se manexa con intereses demasiado mundanos.