20050902contenedor china porto frances harve

O téxtil chino en camisas de once varas

 Contenedor procedente de China no porto francés de Harve, clic para aumentar
Os Vintecinco aceptaron flexibilizar as restricións procedentes de China para que poidan entrar todas as mercadorías que están retidas nas aduanas da Unión Europea. O Executivo comunitario expresou a necesidade dun “acordo claro e xeral sobre a urxencia de resolver a situación das importacións téxtiles procedentes de China que se atopan bloqueadas”, un acordo que suscita importantes diverxencias. Durante os encontros no comité téxtil da Unión, onde están representados os Estados membros e a Comisión, rexistráronse enfrontamentos entre os países que non teñen industria téxtil e si grandes cadeas de distribución ““como Suecia, Países Baixos ou Dinamarca”“ que defenderon un aumento das cotas, e os países produtores ““como España, Italia (primeiro produtor europeo de téxtiles) ou Francia”“ que esixiron o respecto das restricións pactadas entre Bruxelas e Beijing o pasado 10 de xullo. (Foto: Contenedor procedente de China no porto francés de Harve).
 

As caixas de prendas de roupa de orixe chinesa están paralizadas nas fronteiras europeas á espera dun acordo entre as autoridades. A delegación da Unión Europea (UE) encabezada por Fritz-Harald Wening, enviada a China para desbloquear toda a mercadoría paralizada nas aduanas regresou a Bruxelas sen un acordo definitivo. Despois de cinco días de reunións a porta pechada na sede do Ministerio do Comercio en Beijing, intentando chegar a un consenso, as negociacións atópanse aínda en curso e non se albisca unha saída clara.

Calendario de cotas

En xuño, o comisario europeo de Comercio, Peter Mandelson, e o ministro chino do mesmo ramo, Bo Xilai, fixaban en Shanghai un calendario para a aplicación de novas cotas ata a definitiva liberalización do 2008. Acordaron reimplantar cotas a dez categorías de téxtiles chinos cuxas importacións en Europa disparáranse tralo levantamento das cotas internacionais do 1 de xaneiro. Isto acontecía despois de que os fabricantes téxtiles de Francia, Italia e España queixáranse de que o final do sistema mundial de cotas, feito acontecido o pasado primeiro de xaneiro, provocara que as importacións de roupa china a Europa creceran exponencialmente, provocando o caos nos seus negocios locais. Entre a firma do acordo e a súa aplicación o 20 de xullo, os importadores e distribuidores europeos apresuráronse a realizar as súas compras, polo que este mes oito das dez categorías superaron as cotas previstas para este ano en seis dos produtos (xerseis, pantalóns, blusas, camisetas, sosténs e fío de lino).

Agora, o sector do comercio alega que os fabricantes xa sabían dende hai dez anos que o 1 de xaneiro pasado desaparecerían as cotas e que tiveron unha década para prepararse, namentres que o sector da distribución atopouse en xuño coa imposición de imprevistas limitacións que desorganizaron a planificación de abastecemento.

Eurocommerce, a asociación que representa a 5,5 millóns de empresas do comercio europeo, afirma que a inesperada reintrodución do sistema de cotas impediu a importadores e distribuidores preparar saídas alternativas. De aí o bloqueo, despois de chegar ós portos, de máis de 70 millóns de prendas que carecían das preceptivas licencias de importación.

O sector comercial alega que necesita planificar as súas compras con nove meses de antelación e por iso reclama como solución para a actual crise que se liberen todos os produtos contratados antes de que o 12 de xullo entrase en vigor o novo réxime de contención aceptado por China e que nas futuras negociacións con Beijing poida establecerse un marco predicible de operacións que teña en conta os nove meses de antelación con que traballa o sector.

Conflito de intereses

Os Vintecinco aceptaron flexibilizar as restricións procedentes de China para que poidan entrar todas as mercadorías que están retidas nas aduanas da Unión Europea. O Executivo comunitario expresou a necesidade dun “acordo claro e xeral sobre a urxencia de resolver a situación das importacións téxtiles procedentes de China que se atopan bloqueadas”, un acordo que suscita importantes diverxencias. Durante os encontros no comité téxtil da Unión, onde están representados os Estados membros e a Comisión, rexistráronse enfrontamentos entre os países que non teñen industria téxtil e si grandes cadeas de distribución ““como Suecia, Países Baixos ou Dinamarca”“ que defenderon un aumento das cotas, e os países produtores ““como España, Italia (primeiro produtor europeo de téxtiles) ou Francia”“ que esixiron o respecto das restricións pactadas entre Bruxelas e Beijing o pasado 10 de xullo.

Os Vintecinco están divididos. Uns buscan protexer a industria téxtil local da competencia china e outros asegurar que as tendas non se queden cos estantes baleiros de cara ó Nadal. Os ministros de comercio de Holanda, Dinamarca, Suecia e Finlandia, sinalaban nun texto que “decenas de compañías europeas de comercio enfróntanse á quebra e a fortes perdas financeiras”. Patronal e sindicatos do sector téxtil con forte presenza en España, Italia e Francia, replican que esta situación pode custar un millón de empregos ata o 2006 e que non se deben facer máis concesións.

Metidos chinos e europeos en camisas de once varas, o Executivo comunitario puxo sobre a mesa unha solución combinada de tres posibilidades de flexibilización para negociar cos seus homólogos chinos: empregar parte da cota do 2006; transferir a xerseis e pantalóns as cotas doutros produtos cuxas importacións atópanse moi por debaixo dos limiares pactados, como a roupa de cama ou a mantelearía; e, por último, permitir a entrada de todos os produtos encargados antes do 12 de xullo, data na que entrou en vigor o acordo con China. Algunha solución atoparase, pero de pouco servirá se non se adoptan estratexias a medio e longo prazo.