20071002simposio pobre mundo rico

Pobre mundo rico

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Idiomas Galego
 Pobre mundo rico; clic para aumentar
Pobre mundo rico, que paradoxalmente ten recursos dabondo para asegurar unha vida digna a todos os seus fillos, a todas as especies e ambientes; e pobre mundo o dos ricos tamén, que pasa polo indomeábel tempo nunha sorte de catarse, de felicidade virtual, que ficará como un dos períodos máis arrepiantes da historia natural, e humana. Algún día falarase daqueles séculos escuros que outrora dominaron as indecentes sectas da corrupción, dos cartos imprimidos con sangue, da insensibilidade máis absoluta.
 

Uns morren a millóns, acotío, por carencias na sanidade, na paz, na comida… Os outros, afogan na decadencia dun noxento sistema formado por humanos que non ten nada de humano.

Pois si, pobriño el, o mundo rico claro. A actual orde mundial, esa vil xerarquía global termada pola globalización, polo deus diñeiro, pola barbarie económica e a imposición necrosocial; a que fixo medrar as desigualdades entre os moradores do orbe até o insoportábel "a metade da poboación vive tras da soleira da miseria", fai que os desafiuzados de abaixo padezan na carne o que os ricos sofren nas súas tolleitas mentes. Uns morren a millóns, acotío, por carencias na sanidade, na paz, na comida… Os outros, afogan na decadencia dun noxento sistema formado por humanos que non ten nada de humano. E carencia e decadencia sempre foron da man. Ao cabo, todos agonizan.

Pobre mundo rico, que paradoxalmente ten recursos dabondo para asegurar unha vida digna a todos os seus fillos, a todas as especies e ambientes; e pobre mundo o dos ricos tamén, que pasa polo indomeábel tempo nunha sorte de catarse, de felicidade virtual, que ficará como un dos períodos máis arrepiantes da historia natural, e humana. Algún día falarase daqueles séculos escuros que outrora dominaron as indecentes sectas da corrupción, dos cartos imprimidos con sangue, da insensibilidade máis absoluta.

De aquí en quince días inaugúrase en Galiza o simposio internacional ‘Pobre Mundo Rico’, un macroevento enchido de conferencias, debates, teatro de rúa e proxeccións audiovisuais parido dende a dirección do Club Internacional de Prensa (CIP). Máis de oitenta persoeiros do mundo, expertos no estudo e na atenuación da desigualdade e da pobreza, farán que a terra nosa mude durante dous meses no altofalante dos de abaixo. Velaí a súa importancia. Pola platea pasarán dende Carmelo García a Frei Betto, Pierre Schori, Mbuyi Kabunda, Sami Naïr, François Houtart… e tamén os nosos Beiras, Taibo ou Fernanda Couñago, alma de Amarante.

Cando Carme Carballo, a directora do CIP e nai do simposio, anunciou a creación deste berro colectivo ceibou unha pregunta: Por que Pobre Mundo Rico? Respondo. Porque a nosa sociedade vai caendo aos poucos na insensibilidade do cotía, e o cotiá é a desigualdade e a pobreza da humanidade. A monotonía do ollar para os pobres diría eu. E con mirar nada facemos. Berrar e esixir solucións, xustiza social global, é o que toca. Aquí, na cerna da decadencia. Se cadra así tamén nos salvamos nós.