shamil basaev

Shamil Basaev

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Idiomas Galego
 Putin e Zapatero, clic para aumentar
Shamil Basaev foi dende mediados dos 90 o rostro das posicións máis radicais e violentas da resistencia chechena. Tamén un dos artífices do estoupido en anacos da única esperanza de paz ruso-chechena que significaron os acordos de Jasaviurt de setembro de 1996.
 

"De novo, insisto e repito, non existe dúbida algunha, Basaev foi destruído e liquidado". Con estas palabras se dirixía o ministro de Defensa ruso, Serguei Ivanov, aos desconfiados medios de comunicación para certificar a morte do inimigo nº1 do Kremlin.

Shamil Basaev foi dende mediados dos 90 o rostro das posicións máis radicais e violentas da resistencia chechena . Tamén un dos artífices do estoupido en anacos da única esperanza de paz ruso-chechena que significaron os acordos de Jasaviurt de setembro de 1996.

O ex-presidente Eltsin, tras gañar as eleccións presidenciais de 1996, xogou a ruleta rusa no conflito checheno. Puxo en mans do seu principal adversario político, Alexander Liebeb, a sorte das relacións ruso-chechenas. Se Liebeb conseguía paz… relevaríao na presidencia. Se fracasaba, sacaría do medio ao seu principal contrincante.

Liebed e o líder independentista moderado Aslan Maskharov, desafiaron os negros augurios selando un compromiso de paz que deu fin a tanta megaviolencia sobrehumana, militarismo, xenocidio e degradación de valores.

O acordo asentábase sobre a retirada das tropas rusas, na creación dunha forza de seguridade mixta (integrada persoas de orixe rusa e caucásica). Os chechenos se comprometían a meter no conxelador os seus desexos de independencia, que só poderían retomarse tras dun quinquenio en paz gobernado por un Consello Administrativo no que estarían representados tantos os partidos como os movementos sociais. Tras desta paréntese abriríase a convocatoria dun referendo de independencia que sería recoñecido por Moscova.

Para o difunto Basaev, o presidente da República de Chechenia Aslan Masjadov, non era máis que un colaboracionista traidor que se interpuña na vontade de chegar a independencia pola vía rápida. Para desestabilizar ao débil Masjadov, que concentraba os seus esforzos en recompoñer o equilibrio interno entre as forzas centrífugas dos diversos clans, Basaev creou no Cáucaso a organización islamita Congreso dos Pobos de Chechenia e Daguestán que desafiaba tanto a estabilidade das autoridades chechenas como das de Daguestán. Diversos atentados con centos de mortos en Moscova, atribuídos a man de Basaev, foron utilizados en 1999 por un flamante primeiro ministro Vladimir Putin, para desencadear a segunda gran ofensiva rusa (1999-2006), que volveu a reincidir no xenocidio, masacres indiscriminadas da primeira ofensiva (1994-1996), pero que permitiu sacar a espiña da humillación, derrota e rendición que quedara cravada no corazón do exército ruso e das autoridades do Kremlin.

Dende a súa exitosa irrupción estratéxico-guerrilleira no conflicto caucásico ao mando dun batallón de Abkhasos (1994), Basaev converteu o territorio checheno nun prematuro inferno para o todopoderoso exército ruso. Basaev, resultou ser outro paradigma dos eficientes produtos da CIA, da que recibiu instrución militar en Paquistán e Afganistán.

Logo virían os opisódios de terrorismo máis tétricos da súa biografía, retroalimentados polas atrocidades rusas: 100 mortos no hospital de Budionnovsk, sucesos de Kizliar, Piervomaiskaia, o teatro Dobrovka de Moscova (170 mortos na operación salvación do exército ruso) ou o colexio de Beslán (331 mortos), en Osetia do Norte.

Os atentados contra dos presidentes centralistas prorusos: Antoli Popov, Kadirov, Abramov, ou os asasinatos dos ex-presidentes nacionalistas máis moderados como Maskhadov, Dudaev, brillante ex-xeneral do exército ruso, son eslavóns de mesma espiral de violencia chechena funde as súas raíces profundas na resistencia caucásica a invasión do Tsar Nicolás (1830), na neutralización por parte Revolución do 17 da declaración de independencia, na obstrución as crenzas relixiosas musulmáns, na masiva deportación Stalinista (.000 persoas).

Pero as razóns de que Chechenia non lle fose recoñecida a vontade maioritaria, que se lle recoñeceu a outras declaracións de independencia coetáneas como as de: Ucraína, Moldova, Letonia, Lituania e Estonia, responde a outras cadeas lóxicas de xeopolítica internacional contemporánea que se estrutura en dous eixes: control dos recursos enerxéticos fósiles e a loita contra do terrorismo internacional. Basaev, representaba o eslavón que ensarillaba ambos eixes.