Ministro Lee Ying-yuan Administración para a Proteción do Medio Ambiente Yuan Executivo, R.O.C. (Taiwán)

Taiwán busca unirse á loita contra o quecemento global

O quecemento global e o fenómeno do Neno contribuíron a que se produzan temperaturas récord e fenómenos meteorolóxicos extremos en todo o mundo. En xullo deste ano, as temperaturas medias globais tomadas tanto sobre superficies terrestres como oceánicas foron as máis altas para calquera mes en 137 anos de rexistros. En xuño, a temperatura en Taipei alcanzou os 38,7 graos centígrados, a máis alta nun século. Outra anomalía recente é unha marcada diminución na frecuencia da choiva constante. En cambio, sufrimos unha serie de chuvascos torrenciais que causaron numerosas inundacións, danando significativamente infraestruturas, ecosistemas e cultivos. Cada vez resulta máis evidente que o cambio climático xa está sucedendo. Si non tomamos medidas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro agora, imos terminar pagándoo máis caro despois.

Apartados xeográficos Outros
Idiomas Galego

O quecemento global e o fenómeno do Neno contribuíron a que se produzan temperaturas récord e fenómenos meteorolóxicos extremos en todo o mundo. En xullo deste ano, as temperaturas medias globais tomadas tanto sobre superficies terrestres como oceánicas foron as máis altas para calquera mes en 137 anos de rexistros. En xuño, a temperatura en Taipei alcanzou os 38,7 graos centígrados, a máis alta nun século. Outra anomalía recente é unha marcada diminución na frecuencia da choiva constante. En cambio, sufrimos unha serie de chuvascos torrenciais que causaron numerosas inundacións, danando significativamente infraestruturas, ecosistemas e cultivos. Cada vez resulta máis evidente que o cambio climático xa está sucedendo. Si non tomamos medidas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro agora, imos terminar pagándoo máis caro despois.

O crecemento económico sen límites e o exceso de gases de escape conduciron a un cambio climático que ameaza a supervivencia humana. Os gobernos de todo o mundo decatáronse diso, e é por iso que en decembro de 2015 aprobouse o histórico Acordo de París, que conduciu a que todas as nacións, de maneira conxunta e baixo unha causa común, impulsasen accións globais de mitigación con obxectivos a longo prazo. Podería dicirse que o cambio climático é o asunto máis importante que pon en xogo o futuro da humanidade. Como membro da comunidade internacional, Taiwán non pode comportarse como un mero espectador ante este problema e debe propoñer solucións viables para vivir de acordo á súa denominación de Formosa, a "illa fermosa."

En xullo do ano pasado, en Taiwán promulgamos a Lei para a Xestión e Redución dos Gases de Efecto Invernadoiro, establecendo os nosos obxectivos a longo prazo para reducir as nosas emisións en polo menos un 50 por cento por baixo dos niveis de 2005 para o ano 2050. Taiwán é un dos poucos países no mundo que implementaron en forma de lei o obxectivo de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademais, démonos conta da necesidade de aumentar aínda máis nosa eficiencia enerxética e de promover a conservación da enerxía, de transformar a nosa estrutura industrial, así como de diversificar as nosas fontes enerxéticas recorrendo ás enerxías renovables, tales como a solar, a eólica e a produción de biogás utilizando residuos de granxas de porcos, baseándonos no concepto de economía circular. Prevemos que no ano 2025, o 20 por cento da nosa enerxía provirá da enerxía renovable. Tamén establecemos unha Oficina de Redución de Enerxía e Carbono, subordinada ao Yuan Executivo, cuxa tarefa principal é planificar a política nacional de enerxía e promover a conversión a novas formas de enerxía, así como a redución dos gases de efecto invernadoiro. A oficina coordina os esforzos entre os diferentes organismos gobernamentais e tamén establece asociacións entre os gobernos central e locais para reducir o carbono e desenvolver unha enerxía limpa.

No seu discurso de toma de posesión pronunciado o pasado mes de maio, a presidenta Tsai Ing-wen deixou claro que Taiwán non estará ausente dos esforzos globais para mitigar o cambio climático, e que o seu Goberno revisará periodicamente os obxectivos para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, de conformidade co Acordo de París. Con esta ambición, promulgamos a Lei para a Xestión e Redución dos Gases de Efecto Invernadoiro, con obxectivos de regulación periódicos cada cinco anos que axudan a mellorar a capacidade de resposta ante o cambio climático, e a promover unha xestión eficiente na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro a través das axencias gobernamentais. Este enfoque está en consonancia cos obxectivos do Acordo de París, que anima a todos os países a fortalecer a súa determinación por reducir as emisións co fin de lograr o obxectivo a longo prazo para o ano 2050.

Só temos unha Terra e só hai un Taiwán. Polo tanto, non podemos tomarnos o asunto do cambio climático a treo, senón responder de xeito proactiva e apoiar as iniciativas internacionais. O cambio climático é un problema mundial que transcende as fronteiras nacionais. As accións que tomemos hoxe poderían ter un profundo impacto na vida das xeracións futuras. O cambio climático require solucións non só nacionais, senón mundiais. É por iso que os gobernos non poden actuar sos. Permítome sinceramente exhortar á comunidade internacional a que recoñeza e apoie a determinación de Taiwán por obter unha participación significativa na Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e por sumarse á rede global para o clima. Estamos dispostos a compartir as nosas experiencias en materia de protección medioambiental e a contribuír aos esforzos internacionais. Xunto coas nacións amigas, axuntaremos os nosos esforzos para protexer a unha terra sostible.