Alberte García Nespereira

García Nespereira, Alberte

Licenciado en Economía e Diplomado en CC Empresariais, Máster en dirección económico-financeira e MBA, con experiencia de máis de 15 anos en varios departamentos da armadora viguesa Pescapuerta SA, onde actualmente é Subdirector de Administración e Finanzas da empresa Elmar Frozen Food (Grupo Pescapuerta). Foi directivo durante 3 anos da empresa leonesa “Congelados y Derivados SA”. Articulista en diversos medios dixitais acerca de temas sociais, políticos e económicos.


Artigos de García Nespereira, Alberte

Fonte imaxe: Wikipedia

Barcos made in Galicia: unha industria histórica orientada cara ao exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Nos últimos días ten saltado aos medios de comunicación o conflito entre o estaleiro galego Cardama e o Goberno do Uruguai (1) por supostas irregularidades na construción de dúas patrulleiras destinadas á Armada dese país. Máis alá da controversia en si mesma, este tipo de noticias salientan o interese que esperta o sector da construción naval galega no ámbito internacional.

A internacionalización das empresas construtoras galegas

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
No ano 2011 tivo moita relevancia mediática a noticia da adxudicación da posta en marcha do ferrocarril de Alta Velocidade entre as cidades árabes de Medina e A Meca a un consorcio de empresas entre as que formaba parte a galega COPASA(1). Máis alá da posible mediación da monarquía española na consecución dese contrato, púxose de manifesto a capacidade técnica das nosas empresas construtoras para afrontaren retos internacionais complexos.
Fonte: Galipedia

A lousa galega, medio século conquistando os mercados internacionais

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
En poucos sectores coma o da extracción de lousa natural ten Galicia unha posición tan forte nos mercados exteriores. Aquí, nomeadamente nas comarcas de Valdeorras e Quiroga, xunto coa veciña do Bierzo, atópanse as maiores reservas mundiais desta rocha (estimadas como mínimo para 75 anos) sendo exportado na súa maior parte, sobre todo a Francia, Reino Unido, Alemaña e Bélxica, pero tamén a outros 60 países. Os datos son ben expresivos: a lousa galaico-berciana supón o 90% da produción estatal e case o 50% da comercializada en todo o mundo.

Cara unha axencia europea de rating

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
Nestes últimos tempos, a crise económica que levamos padecendo dende finais do 2008, exacerbada polos problemas financeiros da economía grega, está levando ó primeiro plano informativo ás axencias de cualificación ou de nota de crédito (máis coñecidas como axencias de rating). A constatación da gravidade dos problemas en Grecia veu dada pola rebaixa da cualificación […]

Mohamed Yunus, un banqueiro con alma

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
  O mérito de Mohamed Yunus foi racha-lo círculo vicioso do proceso crediticio, baseándose case exclusivamente na confianza que lle ofrecía a necesidade de que os seus clientes tiñan de saír da miseria.   O xurado do Premio Nóbel da Paz do ano 2006 acordou o pasado venres a concesión de tal galardón ó economista […]

Que caro é usala propia lingua na UE!

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
  De tódolos xeitos, a mellor maneira de aforrar custes nas traduccións é non ter idiomas ós que traducir, é dicir, que todos falen a mesma lingua. A opción que recibiría máis votos sería a do inglés como única lingua, de forma que tamén nas cuestións lingüísticas a UE se encamiñara a ser un verdadeiro […]