christoph presidente

Schreinmoser, Christoph

Xurista bávaro nado en 1996. Director do IGADI e profesor axudante doutor de Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña. Doutor en Dereito pola mesma universidade, completou a súa formación nas universidades de Múnic, Verona, Passau e Santiago de Compostela. O seu traballo aborda o Dereito internacional contemporáneo desde unha perspectiva crítica, con especial atención ao patrimonio cultural, os dereitos humanos e ás organizacións internacionais, particularmente a UNESCO e a Unión Europea. Contacto: cschreinmoser@igadi.gal


Artigos de Schreinmoser, Christoph

O Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares: cara un mundo libre de armas nucleares?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
“Prohibimos a bomba!”[1] Así se pronunciaba o Comité Internacional da Cruz Vermella en Twitter o pasado 24 de outubro. O eufórico anuncio chegaba tras a ratificación do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares por parte de Honduras, o quincuaxésimo Estado en ratificalo e o último necesario para a súa entrada en vigor. Segundo o […]

Bayern no mundo: a paradiplomacia bávara

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O 15 de abril de 2019, a Oficina para África de Baviera  abría  as súas portas en Addis Abeba (Etiopía) co obxectivo de dar exemplo do compromiso de futuro de Baviera coa cooperación para o desenvolvemento e ser un punto de contacto permanente do Estado Libre con Etiopía e a Unión Africana, con sede na […]

“Limpeza cultural” e tráfico ilícito: o patrimonio cultural e a seguridade internacional

Apartados xeográficos Outros
Nos últimos anos, a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial mundial para a seguridade internacional fíxose cada vez máis evidente. Entre o 2013 e o 2017, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, responsable do mantemento da paz e a seguridade internacionais, ocupouse da protección dos bens culturais en catro resolucións.