Xi Jinping : Palabra chave

Desfile na praza de Tiananmen para conmemorar o 80.º aniversario da capitulación do Xapón e o fin da Segunda Guerra Mundial (2025) Fonte: Wikimedia, President of Russia

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang

Cando se fala da influencia que Corea do Norte ten na xeopolítica, é inevitable pensar na súa capacidade nuclear e status que esta outorga. A percibida perigosidade do país levou durante a segunda crise da península coreana ás principais potencias mundiais á mesa de negociación co obxectivo de desnuclearizalo (1). Sen embargo, 23 anos despois, a influencia do goberno de Kim Jong Un vai máis alá das súas capacidades nucleares, co desenvolvemento de relacións máis convencionais.

Corea do Norte no escenario xeopolítico global: 3. Xi, Kim e Putin, a nova competencia ruso-chinesa por Pyongyang Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Top view of roll of dollar bills on colorful flag of United Stated of America symbolizing pride and unity

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale

Permanecer cegos ante o mercado chinés non é unha opción intelixente para as empresas do país. Se ben a primeira potencial mundial en termos de PIB continúa a ser EEUU, o país asiático avanza a ritmo constante no proceso de achegamento ao líder.

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale Ler máis »

Tempos Novos nº 306

Xi Jinping apura o paso da China

Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), o xigante oriental entra nunha nova fase. Xi Jinping, quen lidera o país dende 2012, asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo mais aló de 2027, se a saúde llo permite, ante a falta dun sucesor claro. Esa persistencia da figura

Xi Jinping apura o paso da China Ler máis »

100º aniversario do PCCh

O factor nacional na traxectoria do PCCh

O Partido Comunista da China (PCCh) celebrou este 2021 os seus primeiros cen anos de existencia. Constituído baixo o influxo da Revolución Rusa de 1917 e co impulso da IIIª Internacional nun contexto de grave crise nacional (fase terminal do feudalismo imperial e secuencia de guerras civís que trabaron a proclamación do Estado moderno unha década antes), tres lustros tardou en dilucidar internamente a primacía do factor nacional sobre outras variables no seu proxecto político.

O factor nacional na traxectoria do PCCh Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Cara onde vai a China de Xi?

Para intentar comprender cara a onde se dirixe a China do presidente Xi Jinping, o primeiro é botar unha mirada cara atrás, en concreto, a 1921. Unha das campañas ideolóxicas máis intensas do seu mandato é a que leva por título “permanecer fieis á misión fundacional”. O relevo que debe acompañalo na dirección do PCCh

Cara onde vai a China de Xi? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Coroavirus: saúde pública, sistémica e xeopolítica

A eclosión da epidemia dun novo coroavirus con epicentro na cidade chinesa de Wuhan, provincia de Hubei, alertou ao mundo enteiro, sacudiu os cimentos da China e abriu novas incertezas sobre o futuro da economía global e a propia estabilidade social e política chinesas. Ao maxín viñeron as imaxes do anterior episodio similar de 2002-2003,

Coroavirus: saúde pública, sistémica e xeopolítica Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Tiananmen e o lado escuro do denguismo

En 1981, o comité central do PCCh aprobou por unanimidade unha resolución sobre “algúns problemas na historia do noso Partido”. Nela facíase avaliación do maoísmo, aplicando a devandito período o balance suxerido polo propio Mao a propósito da Revolución Cultural: 70 por cento de acertos, 30 por cento de erros. 

Tiananmen e o lado escuro do denguismo Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

Ignorancia

Seguía os ecos da recente visita de Xi Jinping a España no telexornal da noite pola 1 cando asomou no televisor un titular: “Identificado por si era opositor de Jinping”. Aínda que puidera parecelo, a broma non era o dispositivo policial posto en marcha na Porta do Sol da capital Madrid para identificar a un

Ignorancia Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés

O recambio chinés na xeopolítica global

A hexemonía global reside aínda nos EUA como primeira potencia indiscutible tanto no plano militar como no económico ou cultural. Soamente a China pode aspirar a esa posición en virtude do seu crecemento e da mellora do seu poder militar sen pasar por alto o fortalecemento das súas capacidades tecnolóxicas.

O recambio chinés na xeopolítica global Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos China e o mundo chinés