Segue a IV edición da Coruña Global

A 4ª edición de “A Coruña Global” volta a DOMUS da man de Yolanda Castaño e Touriñán

Celebrarase o xoves 18 de decembro ás 20:30 no cinema da Domus (apertura de portas ás 20:00). Poderás recoller o teu Mapa da Coruña Global en galego, inglés, chinés, portugués ou castelán.

Touriñán únese á condución do espectáculo a Yolanda Castaño, que xa foi a presentadora da Gala no 2023.

O evento enténdese como un espazo mixto entre o espectáculo e a reflexión colectiva, para entender os fíos que tecen as conexións da Coruña co mundo do S.XXI. Desta maneira, a actividade contará coa participación presencial e virtual de especialistas na diáspora galega (Arturo Lezcano), cidades globais (Miguel Otero, Real Instituto Elcano) solidariedade (Diego González Rivas), deporte e industria (Sofía Toro)… Haberá grandes sorpresas!

As inscrición son gratuítas e pódense realizar desde a seguinte ligazón.

Todas as actividades enmárcanse no Convenio entre o Concello da Coruña e o IGADI para o ano 2025.

As actividades fan parte do camiño aberto pola Declaración institucional do Pleno do Concello “A Coruña global no mundo do S.XXI” (2019) para reforzar a imaxe internacional e a acción exterior da cidade.

Trala 1ª edición de A Coruña Global, co Ciclo de Coloquios online no ano 2020 e as (2ª ed) Xornadas na Universidade da Coruña do ano 2022, no 2025 dáse continuidade ao formato de Gala estreado no 2023, na 3ª edición de A Coruña Global.

Para que serve un Mapa de cidade global?