egaex : Palabra chave

O mércores 23 de febreiro do 2021, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. A normativa contou co apoio do Partido Popular, mentres que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) se abstivo e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) votou en contra.

Galicia: unha estrela sen firmamento

Un diario de Santiago pediume nunha ocasión unha definición de Galicia. Un pouco á brava, dixenlle que para min era “unha estrela sen firmamento”. Creo lembrar que non gustou. Non era iso o que buscaban. Acostumamos preferir as definicións “con” ás “sen”. Neste caso, probablemente algo máis publicitario. Eu dicíao non no sentido de laiamento senón con vocación autocrítica e construtiva, apuntando a un vector que considero esencial nesta transición global da que formamos parte.

Galicia: unha estrela sen firmamento Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
maraton 2026 informe

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva máis de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes

Celebrado na súa terceira edición o 24 de xullo de 2026, na véspera do Día Nacional de Galicia, o Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña seguiu a crear unha experiencia pioneira de diplomacia pública, dixital e cidadá, que actualiza as políticas públicas que vinculan a Galicia coa súa diáspora. O Maratón de Galeguidades completou así o seu primeiro trienio, desenvolvendo a proposta orixinal de facer do Maratón un acontecemento para mudar o fluxo da normalidade da Acción Exterior de Galicia, actualizando a ollada ao fenómeno das emigración galega e ao seu asociacionismo arredor do globo no mundo dixital do segundo cuarto do S.XXI.

Dispoñible o 3º informe do Maratón de Galeguidades: O asociacionismo galego no exterior leva máis de dous séculos vivo e innovando arredor dos 5 continentes Ler máis »

Na fotografía, Ramón Villares, presidente do CCG da altura, con Nélida Piñón e Xulio Ríos, na altura coordinador da Comisión de Acción Exterior. Foto: 2013

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior

Nun mundo marcado pola aceleración tecnolóxica, a competencia xeopolítica e a crecente concentración do poder cultural en poucas plataformas globais, a internacionalización dunha cultura como a galega deixou de ser unha aspiración para converterse nunha necesidade estratéxica. A acción exterior non constitúe un complemento das políticas culturais pois, en realidade, é unha das condicións da súa propia viabilidade.

A cultura galega e o imperativo dunha acción exterior Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial

A acción exterior de Galicia atópase nun momento decisivo. Nun contexto internacional caracterizado por inestabilidade xeopolítica, fragmentación de mercados e redefinición das regras do comercio global, a proxección exterior non é unha opción estratéxica, senón unha necesidade estrutural. Dende a perspectiva da Confederación de Empresarios de Galicia, cómpre realizar unha análise rigorosa do seu estado actual, identificar potencialidades e definir con claridade as liñas de mellora que permitan reforzar o seu impacto.

Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable: a visión empresarial Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
christoph fora de mapa

Coñeces o Fóra de Mapa? Conversaron co Christoph Schreinmoser, Director do IGADI

O Fóra de Mapa é un podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. O 13 de xuño Juan dos do Rei conversou co noso Director sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo.

Coñeces o Fóra de Mapa? Conversaron co Christoph Schreinmoser, Director do IGADI Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029 constitúe un paso relevante na consolidación da acción exterior como política pública estruturada en Galicia. O presente artigo ofrece unha análise crítica da EGAEX, destacando aspectos positivos e limitacións en concreción estratéxica, capacidade executiva e adaptación ao novo contexto da economía internacional.

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Galicia perante un mundo inestábel

O mundo do ano 2026 é un mundo complexo. A fragmentación xeopolítica, o cuestionamento das institucións multilaterais e un transaccionalismo crecente nas relacións entre Estados configuran un escenario inestábel e volátil. Se ben non é unha tendencia nova, a segunda presidencia de Donald Trump non fixo senón acelerar o desmantelamento do mundo de posguerra.

Galicia perante un mundo inestábel Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Unímonos ao Día das Letras galegas co Informe Nós No Mundo 25-26: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Coincidindo coas celebracións polo Día das Letras Galegas, o IGADI presenta a edición 2025-2026 do Informe anual Nós No Mundo, publicación que desde 2010 analiza a evolución das políticas públicas de acción exterior de Galicia.

Unímonos ao Día das Letras galegas co Informe Nós No Mundo 25-26: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »