todas2

Como mellorar a posición internacional de Galicia?

Santiago, 21 de xullo. Reunión da Xunta directiva do IGADI coa DX de Exteriores, UE e Cooperación da Xunta de Galicia.

Foi un diálogo franco e sinceiro sobre a tramitación da Estratexia Galega de Acción Exterior 2023-2027, un documento que o IGADI considera imprescincible para mellorar a internacionalización do País e que poucas CC.AA. teñen desenvolvido. O director do IGADI, Daniel González Palau, reiterou a vantaxes que suporía que a EGAEX e o seu Plan de aplicación contaran co maior consenso político e social posible.

Na xuntanza o director Xesús Gamallo amosou a intención da DX de poder contar cos expertos do IGADI no estudo da internacionalización como se veu facendo. 

Por parte da Xunta de Galicia asistiron Xesús Gamallo (Director Xeral) Manuel Blanco (Subdirector xeral de planificación da acción exterior) e Valentín Gómez-Iglesias (Xefe de Gabinete). Por parte do IGADI participaron Daniel González Palau (Director) Marola Padín  (Vicedirectora), Diego Sande (Secretario), e os membros da Xunta Directiva, Tino Santiago, Antonio Alejo e Patricia Coloret.