Capa TE 46

Publícase o Tempo Exterior 46: Reflexións sobre paz, dereitos humanos e protección en contextos de conflito

O Tempo Exterior continua a súa terceira etapa histórica baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, achegándose no número 46 de maneira monográfica á paz, os dereitos humanos e a protección en contextos de conflitos.

O número especial, coordenado por Mónica López Viso (Universidade de Vigo) e Joao Casqueira (Universidade Fernando Pessoa) ofrece análises teóricas e estudos de caso que contribúen ao coñecemento e a reflexión crítica sobre estes temas.

Ademais de oito artigos desde Portugal e Galicia enfocados na temática do monográfico, o Tempo Exterior conta cunha sección de miscelánea, notas de investigador e unha recensión de libros finais.

O Tempo Exterior, a revista semestral de estudos internacionais do IGADI, xa está dispoñible para súa descarga, que é gratuíta. O número 46 conta co apoio do Concello de Pontevedra e a a SX de Política Linguística da Xunta de Galicia.