O impacto da pandemia afectou ao IGADI como ao conxunto da sociedade, forzando á reorganización virtual da nosa vida diaria e adaptando as nosas liñas de traballo tradicionais á nova normalidade, ao tempo que continuamos a traballar nos procesos de renovación interna.

Tiveron así continuidade a elaboración dos nosos informes anuais de relacións internacionais e acción exterior de Galicia, así como as Charlas "O Mundo Desde Aquí" ou a presenza permanente dos artigos dos nosos analistas na nosa páxina web. Tamén continuamos a dar seguimento integral á construción da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, e impulsamos proxectos estratéxicos ligados ao desenvolvemento da paradiplomacia galega coma “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda”, o traballo arredor das Bases de Acción Exterior da Coruña, a publicación "O Mundo en Galego", ou a reflexión global desde Galicia da pandemia da Covid-19.
Doutra banda o 2020 presentouse tamén coma un ano de definicións dos procesos de reorganización en marcha no IGADI, desde a renovación da Xunta Directiva, a apertura da terceira época da revista Tempo Exterior, o fin da relación histórica co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ou o protagonismo da comunicación dixital, especificamente coa intensa vida da IGADI Televisión e a normalización dos boletíns mensuais.
Podes descargar aquí a Memoria 2020 do IGADI.