Anuario exterior de Galicia 2006

Igadi, Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, agosto 2006, 278 páx.

Igadi, Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, agosto 2006, 278 páx.


Unha visión exterior dende Galicia
O presente volume do “Anuario Exterior de Galicia 2006”, editado pola Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, confirma a evolución da acción exterior de Galicia durante o ano 2005, concentrado nas súas principais áreas de interese e desenvolvemento.

Como en anteriores oportunidades, neste volume se recollen as principais liñas de acción desenvolvidas pola nosa Comunidade no ámbito internacional, enfatizando nos sectores máis sensíbeis para a sociedade galega, tales son os casos da súa relación na Unión Europea, o futuro do seus sectores económicos mais importantes como a pesca, o téxtil e o turismo, a dinámica diáspora galega en Europa e América Latina, a estratéxica relación con Portugal, a cooperación e solidariedade internacional e a cada vez maior acollida de inmigrantes a Galicia, concibida como polo de desenvolvemento para as novas xeracións.

Con na súa edición do 2005, o presente Anuario Exterior de Galicia 2006 complementa a súa publicación coa introdución do factor analítico de diversos eidos da política e a sociedade internacional e a súa implicación con Galicia, enfocado esta vez dende outra perspectiva. Son os casos da identidade e a centralidade económica no espazo portugués (Xan López Facal); o factor positivo das migracións (Antonio Izquierdo Escribano); a cultura galega no mundo (Luis Bará); o desafío que supón apostar pola innovación e a calidade (Enrique Sáez Ponte); a situación dos dereitos humanos no mundo (Miguel Arenas Maza); unha avaliación dos Obxectivos do Milenio (Carlos Teijo García); o estado ambiental mundial (María Novo); os perigos da enerxía nuclear (Francesc Lluís Cardona); e unha necesaria reflexión sobre a idea europea (Celso Cancela) tralo fracaso do referendo constitucional do 2005.