Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
Sermos Galiza 18 de Abril de 2015 VV.AA.

Eleccións no Reino Unido

Unha reflexión de Teresa Barro

Faltan poucos dias para as eleccions xerais no Reino Unido, que serán o sete de maio e son das mais imprevisíveis da história do país. Visto que nas pesquisas de opinión os dous grandes partidos tradicionais, o conservador e o traballista, van igualados, espérase que o partido que gañe non consiga a maioria precisa para governar e teña que entrar en coalicion cun dos partidos pequenos, como xa sucedeu nas anteriores eleicions, en que o Partido Conservador se coligou có Partido Liberal Democrata. Desta vez as posíveis coalicions van pesar algo talvez na mente dos votantes. Hai a posibilidade de que os conservadores, se gañan sen maioría, se alien có UKIP, o partido antieuropeísta, e de que os traballistas, se gañan, se alíen có partido nacionalista escocés. Os nacionalistas escoceses non queren coligarse oficialmente porque temen que lles suceda o que lles sucedeu aos Liberal Demócratas, desprezados en xeral desde que governaron, mas estan mui interesados nunha alianza non oficial e en governar no Reino Unido. Dáse por feito que o partido traballista, que até hai pouco tiña seguros os votos na Escocia, non os conseguirá e que eses votos irán para os nacionalistas escoceses, mas nisto, como en tudo o demais, pode haber surpresas.

Semella que os temas que mais interesan aos votantes son a economía e o Servicio Nacional da Saúde. A economía está mellorando e iso pódelles valer muito aos conservadores, que se atribúen o mérito de tirar ao país da recesión e de levalo polo bon camiño, e que alegan que precisan mais tempo para rematar ese labor. O que os votantes din que mais queren é que os políticos falen claro e prantexen os problemas como son, mas os políticos aínda non entenderon  e seguen pensando que poden enganar. Sábese que os votantes pensan os políticos en xeral, e David Cameron e Ed Miliband en particular, son arrogantes e están desconectados. A todos notáselles que recitan a lección que lles ensinaron os respeitivos equipos de propagandistas. Hai poucos días houbo un debate na televisión e víase que a Cameron o alecionaran para que parecese home de experiencia e autoridade e a Miliband para que parecese un home forte, visto que ninguen cré que o sexa. Miliband soa condescendente cando fala do ¨povo¨, e cando quer aparecer ¨proletário¨ sáelle mal o intento: os meios de comunicacion transformárono nunha figura risível cando o fotografiaron comendo con cara de noxo o pan con touciño típico da clase traballadora, e hai pouco fixéronlle unha entrevista para a television na que saía na sua casa nunha cociña espartana e diminuta, que se descubriu axiña que non era a cociña de verdade da casa de dous millóns de libras que ten, polo que agora os mídia chámanlle ¨Ed duas-cociñas¨. O antieuropeísta  UKIP (United Kingdom Independence Party) vai de terceiro nas pesquisas, e segue tendo éxito sobretudo porque o seu líder é o único que di cousas que non son politicamente correctas e que ninguén se atreve a dicer. E a Union Europeia e os Estados Unidos contemplan con temor a posibilidade de que gañen os conservadores e convoquen o referendo sobre Europa que prometeron para 2017, ou, pior aínda, que se alíen có UKIP e que ese partido esixa que ese referendo se convoque antes desa data ou de imediato.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais