Mansilla Blanco

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Mansilla Blanco, Roberto

Nome: 
Roberto

 


399 artigos publicados
A Nosa Terra
04/06/2011
De cara á segunda volta electoral a celebrarse o próximo domingo 5 en Perú, a única certeza que se albisca no escenario post-electoral oriéntase na atomización política do próximo Congreso peruano, un aspecto que influirá decisivamente na labor de goberno dos contrincantes, o nacionalista de esquerdas Ollanta Humala (Gaña Perú) e a dereitista Keiko Fujimori (Perú 2011).
A Nosa Terra
02/06/2011
O retorno do deposto ex presidente hondureño Manuel Zelaya e a reinserción deste país centroamericano na OEA (con só o voto en contra de Ecuador), tras ser expulsada tras o golpe militar que desaloxou a Zelaya do poder en 2009, pecha parcialmente un ciclo marcado por unha crise política de magnitude hemisférica e que alterou considerablemente o equilibrio de forzas na rexión.
A Nosa Terra
27/05/2011
O recente anuncio do Departamento de Estado de EUA de sancionar á empresa estatal petroleira venezolana Petróleos de Venezuela (PDVSA) por “apoiar ao sector enerxético” da República Islámica de Irán, reproduce un novo escenario de tensión entre Caracas e Washington, enmarcado dentro dun amplo contexto de acusacións e presións contra o presidente venezolano Hugo Chávez.
A Nosa Terra
23/05/2011
Ante a expectación global por coñecer oficialmente a posición de Washington sobre o que actualmente acontece no mundo árabe, o presidente estadounidense Barack Obama lanzou esta semana unha ampla iniciativa en Oriente Próximo, con principal énfase en apoiar os cambios políticos democráticos na rexión e impulsar a inédita aceptación dun Estado palestino con base nas fronteiras de 1967.
A Nosa Terra
12/05/2011
O mapa político que se traduce do referendo consultivo sobre a reforma constitucional realizado o pasado 7 de maio en Ecuador alerta sobre un escenario de maior tensión no país andino. Os primeiros datos oficiais certificaron unha notable vitoria do presidente Rafael Correa e do seu movemento Alianza País, cunha marxe de aprobación entre o 57 e o 62%, toda vez que a escasa participación electoral, estimada nun 19,1% segundo cifras oficiais, incrementou todo tipo de inquedanzas.
Galicia Hoxe
04/05/2011
A morte de Osama bin Laden a mans dun equipo especial da Mariña estadounidense supón un golpe simbólico para a rede terrorista Al Qaeda, que viña perdendo capacidade operativa nos últimos tempos, e tamén un respiro para o presidente de EEUU, Barack Obama, que se afundía nas enquisas de popularidade por causa da crise económica.
IGADI
02/05/2011
Habida conta da eliminación física de Osama Ben Laden, a nova non deixa de ser un simbólico golpe de efecto favorable ao presidente estadounidense Barack Obama, en especial tendo en conta o contexto político interno e internacional para a súa administración, determinado pola crise económica, a presión republicana no Congreso, o recente anuncio de postularse para a reelección presidencial en 2012 e a indefinición e incerteza da guerra interna en Libia e dos cambios no mundo árabe e Oriente Próximo, escenarios onde Washington manifesta unha clara “dobre vara de medir”, en función dos seus intereses xeopolíticos.
A Nosa Terra
02/05/2011
Compre observar con atención os resortes que se traducen do recen constituído acordo político entre os movementos palestinos Hamas e Al Fatah para alcanzar un goberno de unidade nacional, de cara á previsible proclamación dun Estado palestino para setembro próximo.
IGADI
15/04/2011
O esperado VI Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC), a celebrarse entre o 16 e 19 de abril, dificilmente abrirá o camiño dunha reforma política gradual na illa caribeña, caso contrario do escenario económico, determinado pola magnitude da apertura iniciada polo presidente Raúl Castro a finais de 2010 e a urxencia de reformas para paliar o difícil momento económico e social que vive actualmente Cuba.
IGADI
11/04/2011
Consideradas as eleccións máis disputadas dese país andino, os comicios presidenciais peruanos do próximo domingo 10 definirán o curso político do novo ciclo electoral latinoamericano iniciado en 2009, precisamente no país máis eloxiado nos últimos anos a nivel hemisférico por parte dos organismos financeiros e mercados internacionais, a raíz do seu estable desempeño económico.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais