A inseguridade nas minas en China

 Accidente na mina de carbón de Sunjiawan, clic para aumentar
Accidente na mina de carbón de Sunjiawan, clic para aumentar
O Goberno chino adoptou para este ano 2005 novas medidas para intensificar a seguridade nas minas de carbón. Deste modo, o goberno estableceu a Administración Estatal de Supervisión de Seguridade nas Minas de Carbón; despois dunha investigación pola explosión de gas na mina Sunjiawan, foi suspendido do seu cargo o primeiro funcionario de alto rango en China que carga coa responsabilidade administrativa dun accidente mineiro. Levarase a cabo a inspección de 45 empresas estatais asignadas pola Administración Estatal de Supervisión de Seguridade de Minas de Carbón e, as administracións locais de zonas carboníferas establecerán e perfeccionarán o mecanismo de supervisión da seguridade mineira e o sistema de aviso previo dun perigo potencial. (Fotos: O luns 14 de febreiro de 2005, unha explosión de gas na mina de carbón de Sunjiawan, en Fuxin, cidade da provincia nororiental de Liaoning, causou a morte a 214 mineiros, o maior número de falecidos nun mesmo accidente dentro do sector en 63 anos. O martes 15, familiares e traballadores esperan aínda nas portas da mina ao rescate de varios desaparecidos no sinistro).
 

China é unha gran potencia en produción de carbón e un dos países de maior consumo desta materia prima. Os accidentes laborais, especialmente nas minas, soían ser ocultados no pasado, pero na actualidade son obxeto de atención nos medios informativos. En China as vidas perdidas neste tipo de accidentes para producir cada millón de toneladas de carbón son cen veces maiores que en Estados Unidos e trinta veces máis que en Sudáfrica. Así, as minas de carbón chinas, que subministran a maior cantidade de combustible para o funcionamento do sector industrial desta gran economía mundial, teñen un pésimo historial de seguridade que quedou patente nunha serie de gravísimos accidentes ocorridos a finais do ano pasado, no transcurso de poucas semanas.

A pesares de que no 2004 a cifra de vítimas mortais nas minas descendeu en 6,33% en comparación co ano 2003, a industria mineira china rexistrou 6.027 mortos no 2004 e 2.700 no que vai de ano. De acordo coas cifras oficiais, ocorreron 3.639 catástrofes mineiras no 2004. China é o país coa taxa máis alta de crecemento económico no mundo e tamén é un dos países coa peor historia de inseguridade na producción. Segundo estatísticas oficiais, os accidentes laborais custaron 136.755 vidas no 2004, a maioría deles en minas, fábricas de substancias químicas e pirotecnia. Con eles vaise, ademais, a principal e única, en moitos casos, fonte ingreso de moitas familias, polo que estas quedan desamparadas e á súa sorte.

As minas de carbón en China son as máis perigosas do mundo xa que moitas veces os aspectos de seguridade son sacrificados para subministrar ó país o combustible que está sostendo unha rápida industrialización e un boiante crecemento económico. Cada ano, miles de persoas morren en explosións, derrubes, inundacións subterráneas e outros accidentes que con frecuencia son atribuídos á neglixencia por parte dos xestores da mina ou a falta de equipos de seguridade adecuados. A escasa ventilación é outro dos problemas comúns. As minas de carbón en pobos pequenos con frecuencia están mal equipadas e empregan a agricultores non capacitados, o que depara grandes riscos para a seguridade. Os responsables das instalacións e os funcionarios locais soen ser culpados por sacrificar medidas de seguridade a fin de manter as súas ganancias, especialmente mentres se incrementa a demanda de carbón para o sector enerxético do país.

As principais minas de carbón administradas polo Estado necesitarán 6 mil millóns de dólares para mellorar as súas medidas de seguridade nos próximos anos. Isto indica que a deficiencia de capital para a seguridade do traballo é a causa principal dos accidentes.

O Consello de Estado de China emitiu unha circular urxente o 13 de xuño do 2004 ordenando o peche das pequenas minas estatais de carbón e a regulación das non estatais para impedir futuros accidentes mortais. As minas que non satisfagan as demandas da produción deberán pecharse, así como aquelas dos propietarios que non teñan certificados para minería de carbón, produción de carbón, negocios ou cualificación do propietario. Tamén sinala que só despois dunha inspección das condicións de seguridade de produción, as minas de carbón non estatais cualificadas poderán reactivar a produción. Tamén ordena ós gobernos locais e departamentos relacionados cooperar na prevención. Pero en moitos casos, as autoridades locais reciben subornos. Pese á circular, este ano seguiu habendo mortes nas minas.

O Goberno chino adoptou para este ano 2005 novas medidas para intensificar a seguridade nas minas de carbón. Deste modo, o goberno estableceu a Administración Estatal de Supervisión de Seguridade nas Minas de Carbón; despois dunha investigación pola explosión de gas na mina Sunjiawan, foi suspendido do seu cargo o primeiro funcionario de alto rango en China que carga coa responsabilidade administrativa dun accidente mineiro. Levarase a cabo a inspección de 45 empresas estatais asignadas pola Administración Estatal de Supervisión de Seguridade de Minas de Carbón e, as administracións locais de zonas carboníferas establecerán e perfeccionarán o mecanismo de supervisión da seguridade mineira e o sistema de aviso previo dun perigo potencial. Así mesmo, disponse a imposición de castigos máis severos aos responsables dos accidentes e anunciase a intensificación das inspeccións de seguridade laboral nas pequenas minas ademais de pechar as ilegais. Para este ano, China prevé destinar 360 millóns de dólares para financiar a renovación técnica na seguridade do traballo de importantes minas estatais de carbón, principalmente no sector do gas. E un sistema de fondo de risco será implantado nas minas de carbón.

A economía china depende en gran medida do carbón, e ten grandes recursos carboníferos que poden ser extraídos de maneira económica. O carbón seguirá sendo un combustible dominante, a pesar de que as participacións do petróleo, gas natural e a enerxía nuclear irá en aumento.

China, o segundo consumidor mundial de enerxía primaria, é un actor clave nos mercados enerxéticos mundiais, que representa máis do 10% do total da demanda da enerxía primaria mundial. Seguirá sendo un xigante enerxético nas décadas vindeiras, a medida que o forte crecemento económico faga aumentar a demanda e as importacións enerxéticas.

Tantas expectativas non deberían ir en detrimento da salvagarda das vidas humanas.