Afganistán: Diccionario breve para unha guerra

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego

Alianza do Norte. Alianza antitalibán formada por afgáns contrarios ó goberno actual pero de igual signo islamista. No conflicto posicionanse no bando occidental e a súa pretensión é formar parte do goberno de coalición que se poida formar unha vez rematada a guerra ou conquistada Cabul.

Allah. Deus islámico.

Árabe. Nacionalidade identificadora dun pobo que nada ten que ver coa relixión. Os árabes son, na súa inmensa maioría, musulmáns, pero podemos atopar árabes católicos, maronitas, protestantes,… O mundo árabe divídese en dúas zonas: o Magreb que comprende o norte de África dende Marrocos a Libia, e o Machrek que vai dende Exipto ata Oriente Medio. A árabe é unha cultura propia dun pobo unido ó islamismo como a cultura occidental está unida ó cristianismo, pero sempre gardando a súa identidade diferenciadora propia.

Asabiya. Espírito de clan que alenta a cohesión e fidelidade dentro dun determinado grupo. É o principio que favorece a protección e fidelidade entre si e cara ó xefe ou líder da familia ou clan.

Burka. Indumentaria feminina que consiste nun velo que cubre toda a cabeza e permite a visión exterior a través dun enreixado. Tan só se impón nos reximes máis integristas.

Chií. Facción ou rama do Islam contraria á Sunní. Son os seguidores de Alí, cuarto profeta e xenro de Mahoma. Respetan a Sunna pero non consideran que teña carácter sagrado; son seguidores da tradición oral da que son portadores os Mullah.

Corán. Libro santo do Islam (equivalente á Biblia).

Fedayin. Son os heroes que se sacrifican pola causa. Asi se denominan os guerrilleiros do Islam.

Fetua. Decisión vinculante dun muftí ou Doutor da Lei. É unha decisión con valor xurídico.

Fundamentalismo. É propio de calquera relixión (na historia as relixións que provocaron maiores movementos fundamentalistas foron a católica, a xudea e a islámica). Consiste en acatar e aplicar as doutrinas relixiosas de forma ríxida no ámbito relixioso-cultural. Neste contexto, o fundamentalismo identifícase co islamismo militante.

Hanbalí. Escola xurídica que se apoia exclusivamente no Corán e na tradición. É de carácter sunní.

Ijwán. Irmá. Así se denominan os islamistas militantes entre eles.

Integrismo. Seguimento estricto de normas relixiosas aplicadas directamente á vida política e social. O integrismo asociase co islamismo político.

Loya Jirga. Consello de notables. Por norma é de carácter relixioso. Os notables nun rexime integrista como Afganistán son os Mullah.

Mullah. Líder relixioso chií. O líder supremo dos Mullah é o Ayatollah. En Afganistán o principal líder relixioso é o Mullah Omar.

Musulmán. Persoa seguidora da relixión islámica. No ten que ser árabe necesariamente.

Muyahid. Guerrilleiros do Islam. Defensores da fe.

Pasthún. Étnia ou clan á que pertencen os Talibáns. Son actualmente o 22 % da poboación afgana e detentaron o poder case sen interrupción nos dous séculos e medio de historia do país.

Sharia. Lei islámica proveniente do Islam. É a base fundamental da organización dos sistemas sociais.

Sunna. Textos que recollen a vida de Mahoma. Esta tradición é un dos fundamentos da Lei Islámica. É a norma pola que se rexen os sunnís.

Sunní. Facción do Islam de carácter ortodoxo. Son seguidores da Sunna como norma suprema.

Sura. É a consulta feita ós Doutores da Lei ou Sharia que ten carácter vinculante. Diferénciase da Fetua en que a Sura ten carácter exclusivamente relixioso.

Talibán. Estudiante. Seguidores afgáns do wahhabismo que se rexen pola tradición máis reaccionaria e o puritanismo. Son os actuais gobernantes de Afganistán, pertencen á étnia Pasthún.

Umma. Comunidade de crentes do Islam. Sentido de pobo, nación.

Wahhabí / Wahhabismo. Secta relixiosa islámica sunní fundada por Abd al-Wahhab na Península Arábiga no século XVIII. Segue a escola xurídica Hanbalí e é a doutrina oficial de Arabia Saudí e pola que se rexen os Talibáns.

Xerife. Nobre descendente directo de Mahoma.

Yihad. Guerra Santa no nome do Islam.