China-Vaticano: relixión e poder

 China-Igrexa, clic para aumentar
As relacións entre o Vaticano e Beijing sempre foron tormentosas, pero enfriaronse aínda máis en outubro do ano 2000, despois de que o papa Xoán Paulo II canonizara a 120 mártires de China, considerados polo goberno como traidores á patria. Nunha declaración emitida pola Asociación de Católicos Patriotas de China e polo Colexio de Bispos Católicos Chinos, a igrexa católica de China expresou a súa gran preocupación pola canonización destes “martirizados en China”, polo que representa de intento de distorsionar e terxiversar a historia.
 

Historicamente, dende a creación da República Popular China en 1949, o goberno liderado por Mao amosou abertamente o seu ateísmo, non soamente por razóns de tipo ideolóxico, na liña do xa coñecido polo socialismo soviético, senón tamén pola crenza de que o país foi dominado desde o exterior tamén a través das relixións. De todas elas, a católica foi sempre a máis temida, perigosa e incontrolable porque estaba gobernada dende fóra de China, cun formidable poder e considerables riquezas.

O punto culminante deste rexeitamento contemporáneo viveuse durante a Revolución Cultural, cando os templos católicos foron atacados baixo a premisa de que as confesións eran elitistas, estranxeiras e de estar ancoradas na superstición feudal. Hoxe a desconfianza permanece, pero coa política de apertura que se iniciou en 1979, o réxime flexibilizou a súa postura en relación á relixión e incluso consagrou a “liberdade relixiosa” na Constitución. Na práctica, sen embargo, as cousas son ben distintas, xa que sendo o ateísmo un dos piares fundacionais do réxime, a relixión está necesariamente marxinada.

O enfrontamento entre Beijing e o Vaticano é profundo e arranca de moi atrás. As súas irreconciliables posturas ideolóxicas impediron ata o de agora que ambos países gocen de relacións diplomáticas (rotas en 1951 dende que o Vaticano excomulgara a uns obispos nomeados polo Partido Comunista de China ““PCCh”“), o que provocou unha inevitable escisión no mundo católico deste país: dunha banda quedaba a chamada Igrexa Patriótica e, doutra, os coñecidos como Igrexa Católica Romana Leal. A primeira, creada por Mao Zedong en 1956 e controlada polo Goberno, ordena sacerdotes, crea as súas propias regras, prohíbe a lealdade ó Papa e esixe o favor do goberno. Considérase que forman parte dela aproximadamente 5,2 millóns de chinos. A segunda opción confórmana entre oito e dez millóns, na clandestinidade, leais a Roma e practican a súa relixión de costas ó réxime.

As relacións entre o Vaticano e Beijing sempre foron tormentosas, pero enfriaronse aínda máis en outubro do ano 2000, despois de que o papa Xoán Paulo II canonizara a 120 mártires de China, considerados polo goberno como traidores á patria. Nunha declaración emitida pola Asociación de Católicos Patriotas de China e polo Colexio de Bispos Católicos Chinos, a igrexa católica de China expresou a súa gran preocupación pola canonización destes “martirizados en China”, polo que representa de intento de distorsionar e terxiversar a historia. Segundo esta declaración, as tradicións da igrexa católica establecen requisitos estrictos para a canonización, incluíndo procedementos de investigación e avaliación rigorosos, a fin de garantir que os canonizados sexan dignos do título. Sen embargo, a igrexa católica de China quedou sorprendida pola canonización, xa que a Santa Sede nunca, como esixen os procedementos tradicionais, solicitou os comentarios dos bispos da diócese dos que ían ser canonizados nin do Colexio de Bispos Católicos Chinos, deixando que “o colexio de Bispos de área de Taiwan” decidira todo. O día da canonización foi proposta para o un de outubro, Día Nacional de China, que simboliza a liberación da opresión imperialista e colonial, unha razón mais para falar de provocación e considerar a decisión un insulto e un desafío ós dirixentes e á igrexa católica de China. En xaneiro dese mesmo ano, Bejing exhibira a súa soberanía, nomeando cinco bispos sen o permiso do Papa.

Algúns analistas e observadores da evolución china, cren que o falecemento de Xoán Paulo II pode favorecer un clima de reenncontro entre a Igrexa de Roma e Beijing, que sempre contemplou cunha mestura de crítica, temor e dúbida, o papel do antigo prelado no declive do comunismo no leste de Europa. Os contactos informais entre a Santa Sede e China aumentaron dende a morte de Karol Wojtyla. Para o sucesor, Benedicto XVI, establecer relacións diplomáticas con China é unha das súas prioridades.

Para normalizar as relacións coa Santa Sede, Beijing esixe que o Vaticano rompa relacións con Taiwan (o Vaticano é o único país europeo que recoñece a Taiwan) e recoñeza a República Popular China como o único goberno lexítimo que representa a totalidade de China e que deixe de interferir nos asuntos internos de China, incluindo a interferencia en nome de cuestións relixiosas.

Os contactos entre ambas partes intensificáronse en setembro do 2004, cando unha delegación do Centro de Investigación do Consello de Estado chino visitou Milán para unha conferencia organizada pola Comunidade de San Egidio, un organismo académico vaticano. Segundo o “South China Morning Post”, o encendido debate sobre a guerra de Iraq e as críticas dos académicos vaticanos a EEUU chamaron a atención da delegación china que comezou a interesarse. A Igrexa de Roma podería estar disposta a finiquitar as súas relacións con Taiwan se diso dependera a súa amizade con China. Pero tampouco axudan determinadas políticas auspiciadas polo goberno de Bejing como a dun só fillo, que segundo a Igrexa leva á destrución de novas vidas humanas a través do aborto e a esterilización.

Na actualidade os católicos clandestinos vense obrigados a oficiar misas en secreto nas súas vivendas particulares (casas-igrexa), incluso a risco de seren ingresados no cárcere. Durante as celebracións de Nadal, Semana Santa e outras festividades simbólicas son vixiados, arrestados, presionados ou agredidos. Recentemente denunciouse que o bispo chino, Julio Jia Zhiguo, membro da Igrexa Católica clandestina china, foi arrestado na súa casa e trasladado a un lugar descoñecido. As autoridades desmentiron a noticia, pero os feitos non foron aclarados de todo.