É indubidable que Galicia conta cun capital humano substancial. Como certo tamén é que non somos quen de dignificalo colectiva e adecuadamente. Aquí, no mellor dos casos, cada un reivindica os seus. Os que non son de ninguén quedan no anonimato. Lembro, a propósito de Pérez-Barreiro, que alguén lamentou non saber del a tempo. A gloria chegaría da man da súa ubicación nunha das beiras do río piñeirista. De non ser así, cabe pensar que a moitos non interesaría. Pero por fortuna Fernando era, e é, moito mais ca iso. Como tamén Ramón Lugrís, contemporáneo da outra beira, que nos acaba de deixar. E só resta dicir que Galicia precisa de moitos anónimos así, de tanta valía, para facer país, anónimos que descrén das capelas e acreditan na transpartidirización e na independencia. Pero o respecto, a crenza sincera na súa necesidade polos valores positivos que incorpora –nada que ver co rexeitamento do compromiso– segue sendo aquí motivo de fonda desconfianza.

Moncho Lugrís morreu a primeiros de decembro último no “exilio” de Ciudad Real. E a un ocorréselle pensar que tal feito non é anecdótico. Home do país, non se sentía cómodo de todo en Galicia porque non atopaba o seu lugar. Lois Tobío morreu en Madrid, igual de esquecido atreveríame a dicir. Fernando Pérez-Barreiro en Lancaster…. Xenio e talento en todos eles que por unhas e por outras non soubemos encaixar suficientemente no país cando todos eles devecían por ser útiles, por sumar.
No plano humano, Lugrís, ao igual que os anteriores, era un cacho de pan. Intelectualmente, tan capaz como desaproveitado. As enerxías autodestrutivas que acostuman a imperar nas nosas leiras acaban cos matices de xeito implacable e con aqueles que os reivindican como expresión das dúbidas que nos poden permitir avanzar colectivamente. E se non estás con quen debes, no allo -calquera que fose-, ou se optas por circundar os próceres instituídos, con vontade ou non de facelo, estás perdido nunha Galicia que se algo é, é pequena por mais que Risco, a quen Lugrís inquedara, non o quixera ver.
Galicia precisa unha revolución, pero non para conquistar ningún poder, senón para poñer orde nas conciencias e nas condutas, para mirar o que falla dentro de nós, iso que nos impide recoñecer o valor de tantos como Lugrís, quen tanto o merecía, mentres elevamos as miserias e miudezas á categoría de trending topic ou dogmas irrenunciables.
Galicia e o galeguismo precisan do espírito de Nós, daquela xeración. Sen esta xente, sen xente coma esta, nunca faremos un país. O seu distanciamento é o termómetro que indica o noso extravío colectivo.