No marco do 8M e a visibilización da muller na ciencia, o Observatorio de la Política China (OPCh) pon en marcha unha campaña que permite que toda a comunidade que segue o traballo do Observatorio coñeza investigadoras do ámbito iberoamericano. Isto co fin de promocionar o seu traballo e recoñecer a súa traxectoria nos estudos chineses.
A investigación para as mulleres leva consigo grandes retos e estereotipos de xénero como: a conciliación familiar e laboral, o chan pehgañento, as escaleiras rotas e o teito de cristal. Fenómenos dentro deste sistema heteropatriarcal e capitalista normalizado que deben pasar a unha maior igualdade. Porén, esta desigualdade deixou unha fenda de xénero na difusión da ciencia e nos espazos que ocupan as mulleres científicas.
Ante isto, a OPCh pon en marcha unha campaña nas nosas redes sociais do 1 ao 31 de marzo: Facebook, Twitter e LinkedIn, para dar a coñecer as voces femininas que fan unha gran contribución aos estudos chineses en América Latina. Convidámoste a afondar para descubrir as súas investigacións máis recentes.
O meu respecto, recoñecemento e irmandade a cada unha delas.