XIVSimposio

XIV Simposio Electrónico Internacional sobre Política China

Nun mundo marcado pola globalización, é fundamental coñecer a situación dunha das maiores potencias dos nosos días. Así, a décimo cuarta edición do Simposio Electrónico de Política China presentouse como unha ocasión excepcional para coñecer as liñas mestras que segue a política do xigante asiático nun momento decisivo, coincidindo coa celebración das sesións anuais da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés e da Asemblea Nacional Popular.
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Palabras chave China Iberoamérica

O Simposio realizado os días 21 e 22 de marzo, foi organizado polo Observatorio da Política China do IGADI, coa colaboración de Casa Asia. Durante cada xornada leváronse a cabo tres sesións, que contaron con ata 10 relatorios diarios, presentados por destacadas investigadoras e investigadores con traxectoria no campo da política China. Agora tes todos os vídeos dispoñibles na canle de Youtube do IGADI.

Poderíase dicir que cada xornada estivo marcada por unha liña temática particular. Durante o primeiro día do Simposio, predominaron os temas relacionados coa política chinesa e o pensamento político chinés. En contraste, o segundo día centrouse máis nas relacións da China con outras rexións, destacando a súa interacción con América.

O simposio comezou cunha Conferencia Maxistral a cargo de Patricia Castro Obando, doutora en antropoloxía con especialidade en China, o seu relatorio titulouse “O pensamento de Xi Jinping sobre a cultura”. Nela a Doutora centrouse na seguinte pregunta de investigación: Por que Xi Jinping aposta por unha retórica/narrativa Cultural como base do seu pensamento político?

O líder comunista amosa un profundo interese pola cultura tradicional chinesa como base da súa ideoloxía. O que busca a través disto é fortalecer a identidade nacional do pobo chinés e lexitimar o seu goberno a través da base cultural. Por outra banda, Xi Jinping soubo recoñecer a necesidade de revitalizar a cultura chinesa e viu nela unha potencial ferramenta de soft power moi eficiente para aumentar a súa influencia a nivel internacional. Por outra banda, a revitalización da cultura chinesa proporciona lexitimidade contra o imperialismo de occidente ao que o líder busca facer fronte.

Gustaríame destacar este relatorio xa que serviu como introdución á temática xeral do Simposio, de feito, os relatorios que o seguiron fixeron múltiples referencias ao exposto pola Doutora Patricia Castro Obando.

O resto dos relatorios do día 21 centráronse en como as características ou particularidades do xigante asiático inflúen en todos os aspectos da súa política, xa sexa desde o seu enfoque da política exterior ou o desde o seu modelo de sociedade tan particular. Un aspecto interesante que se destacou nalgunhas delas é que China considera a orde mundial existente inxusto, dado que está dominado por Occidente. Considera que o seu crecente poder non se corresponde co seu poder real na toma de decisións en institucións internacionais claves e demanda unha maior participación nelas. En resposta, China propón a creación de novas institucións que poidan favorecer as súas relacións co Sur global e avoga polo fortalecemento de espazos multilaterais como os BRICS.

Unha pregunta moi relevante que xurdiu no foro de debate do simposio este día e que me gustaría lanzar é a de se: China busca un mundo multipolar ou baixo a súa visión quere ser o centro do mundo no novo escenario que agroma?

Seguindo co transcurso do evento, adentrámonos no segundo día de relatorios, onde a liña temática prominente foi a de China e as súas relacións con outras rexións, en concreto centrándose no seu vínculo con América.

As presentacións buscaron amosarnos como os países de América Latina preséntanse cada vez máis como un aliado potencial para a rexión de China, o cal afecta de maneira negativa a Estados Unidos, que historicamente foi o seu principal colaborador.

O tema abordouse desde unha perspectiva moi relevante, xa que cada unha dos relatorios realizouse desde un enfoque diferente, polo que podiamos comparar as distintas perspectivas dos investigadores. Ademais, a liña temática preséntase como imprescindible, dada a súa gran actualidade e transcendencia, xa que podería implicar un xiro total nas relacións destes países con Estados Unidos.

Un relatorio moi relevante sobre este tema foi o presentado pola investigadora postdoutoral Priscila Magaña Huerta, quen analizou o papel das percepcións e a imaxe nas relacións de China con México e EEUU. A investigadora resaltou como as identidades destes tres países inflúen na súa aproximación ás Relacións Internacionais, suxerindo que México e China terían máis afinidade para colaborar dado que comparten certas experiencias históricas, como ser colonizados no pasado.

No relatorio destacouse tamén como nos últimos anos China estableceuse como un posible socio ou aliado para México, así é que varias compañías chinesas establecéronse no país de forma estable. O que pon de relevancia a importancia do Sur Global na perspectiva de futuro do xigante asiático.

Para concluír este breve comentario sobre o Simposio, querería destacar que o mesmo preséntase como unha gran oportunidade para achegarse a certos aspectos do mundo asiático que a primeira vista resultan moi afastados, dado que non son unha información á que adoitan estar expostas as persoas de maneira regular. Pero que, en realidade, poden afectarnos de certa maneira, xa que por exemplo, a cultura chinesa está a gañar cada vez máis presenza na nosa sociedade, xa sexa a través da música ou a gastronomía.

Outro aspecto relevante é unha gran ocasión para deixar atrás a perspectiva occidental á que estamos afeitos e descubrir novos aspectos do mundo asiático que nos ofrezan outro tipo de enfoque.

Por iso, recomendo encarecidamente este Simposio a calquera persoa interesada en aprender un pouco máis sobre a rica cultura e a política de China

Ata o ano que vén!!!!!