David Cameron, o Primeiro Ministro da Grá Bretaña, prometeu nas últimas eleicións un referendo sobre se sair ou non da Unión Europeia, e esa foi seguramente unha das razóns polas que o partido conservador gañou esas eleicions cando ninguén o prevía. O que levou a Cameron a prometer ese referendo foi o medo a que o antieuropeísta UKIP (United Kingdom Independence Party) lle tirase votos e políticos ao seu partido. O referendo será o 23 de xuño deste ano, e xa empezou unha campaña que será moi intensa e na que o partido conservador entra dividido pola metade, con Cameron a frente dos partidarios de seguir na Unión Europeia e figuras moi coñecidas e de peso que queren a saída, o BREXIT.

A imprensa desta vez, a diferencia do anterior referendo en que foi europeísta, é case toda antieuropeísta (a excepción de The Guardian), e xa acolleu con burla e ferocidade os resultados da negociación de Cameron coa UE. Os conservadores antieuropeístas din que o governo ten o Proxecto Medo, que consiste en meter medo do que sucedería se o país deixa a Unión Europeia. Frente a todo o aparato guvernamental que se porá ao servizo dos europeístas, e da presión internacional, que non será pouca, os antieuropeístas terán a vantaxe de poderen oferecer razoamentos que poucas veces se expuxeron. Xa empezaron a subraiar o feito de que na Unión Europeia é imposível manter a soberanía da nazón e de que a lexislación de Bruxelas governa todo e socava a soberanía e a democracia.
Non deixa de ser notável que teña que ser a direita a que diga estas cousas mentras a esquerda non di nada e non semella preocupada por esa incesante lexislación de Bruxelas dirixida polos lobistas dos grandes negocios e ao servizo da plutocracia mundial. Nas décadas de 1970 e 1980 o euroescepticismo era típico do partido traballista e proviña da esquerda mais radical dese partido, encabezada por figuras como Tony Benn. O actual líder do partido traballista, Jeremy Corbyn, foi sempre bennista e antieuropeísta, e atópase agora liderando un partido que na década dos noventa, e moi en especial con Tony Blair, virou devoto de Unión Europeia alegando que era boa para os negocios e a globalización e que iso era o progresista. O gabinete ministerial da Oposición é case todo blairista e non atura a Corbyn. Será interesante ver como se vai desenvolvendo o asunto e como, a estas alturas, o partido traballista vai defender, desde a esquerda, unha postura que o fai aparescer dogmático, antidemocrático e dominado por unhas forzas ¨globalizadoras¨ ás que lles pasou o momento e que xa son poucos os que acreditan nelas.
Como di a frase que se cita moito na Inglaterra ¨A week is a long time in politics¨, unha semana é moito tempo en política, e sempre pode suceder algo que mude todo nun segundo.