19990424leonid kuchma ucraina 50aniversario otan

Ucraína: as eleccións máis “suxas”

 Clic para aumentar
Ucraína elixirá novo presidente a finais de outubro, tralos dez anos de goberno de Leonid Kuchma, o segundo presidente despois da proclamación da independencia en 1991. Kuchma cumpriu a súa promesa de non presentar a súa candidatura, anque ben podería face-lo no caso de considerar que foi elixido só unha vez baixo a Constitución en vigor. (…) En máis dunha ocasión, Kuchma dixo que estas eleccións serían as máis suxas na historia de Ucrania independente. A diferencia das promesas electorais, esta declaración estase a convertir nunha realidade. (Foto: Leonid Kuchma na celebración do 50 aniversario da OTAN, 24/04/1999).
 

Ucraína elixirá novo presidente a finais de outubro, tralos dez anos de goberno de Leonid Kuchma, o segundo presidente despois da proclamación da independencia en 1991. Kuchma cumpriu a súa promesa de non presentar a súa candidatura, anque ben podería face-lo no caso de considerar que foi elixido só unha vez baixo a Constitución en vigor.

Nestas eleccións participan 24 candidatos, nembargantes a presidencia dun país de 48 millóns de habitantes, disputarase entre dous deles: Víctor Yanúkovych, o actual primeiro ministro, e Víctor Yúschenko, antigo primeiro ministro e actual líder do bloque electoral opositor "A Nosa Ucraína". Segundo as enquisas, ámbolos dous terían aproximadamente entre un 25 e un 30% dos votos, aínda que Yúschenko leva a dianteira por uns 5 puntos.

A posibilidade real de que as eleccións sexan gañadas polo reformista Yúschenko inquieta visiblemente ao poder quen, para impedi-lo, pón en marcha tódolos recursos administrativos. Nas rúas, no transporte, nos medios de comunicación, aparece predominantemente a publicidade do candidato oficial. Os funcionarios públicos síntense inseguros se non amosan o seu apoio a Yanúkovych, como o fixeron 25 partidos políticos e os sindicatos oficialistas, así coma os oligarcas máis poderosos.

Recentemente, o presidente Kuchma destituiu inesperadamente ao ministro da Defensa, Marchuk, antigo xefe do servizo de seguridade, tras recriminarlle a súa ineficiencia na reciclaxe de municións, algunhas das cales, segundo Kuchma, están almacenadas dende a Primeira Guerra Mundial. Nembargantes, coméntase que a razón principal foi a declaración de Marchuk de que o Exército non apoiaría a ningún dos candidatos. Marchuk foi substituido polo seu predecesor Kuzmuk, quen tamén fora destituido anteriormente, entroutras cousas tralo derribo dun avión civil ruso por un cohete ucraíno. Polo que parece, este feito tiña máis importancia que os seus erros, que horrorizaron a todo o mundo.

O que predominou foio a lealdade de Kuzmuk cara Kuchma, nun momento en que a oposición esixía a renuncia do presidente polo escándalo do asesinato do periodista Gongadze. Nese momento, Kuzmuk declarou que o Exército estaba no bando de Kuchma. Polo tanto, en medios periodísticos se asegura que máis de 1,5 millóns de votos de efectivos militares e policiais, ademais de reclusos, e uns 600 mil ferroviarios, poideran ser aportados ao candidato oficialista.

Curiosamente, tres días antes dos comicios celebrarase un desfile militar dedicado ao 60 aniversario da liberación territorial de Ucrania, anque sempre aquel feito histórico conmemorábase o 6 de outubro (o 29 rematouse a liberación de Transcarpatia, que entonces pertencía a Hungría). Este despilfarro inútil pode non só atraer os votos dos veteranos, a quen se lles prometeu un aumento das pensións para o vindeiro ano, senón tamén crear unha atmosfera triunfalista para o poder e concentrar tropas adicionais na capital, xa que a oposición non exclúe a posibilidade de que os resultados das eleccións sexan falsificados e impoñase o estado de emerxencia.

A oposición cita como precedente o caso da poboación de Mukácheve, no oeste do país, onde un alcalde pertencente a "A Nosa Ucraína" triunfou en abril pasado cun 40% de vantaxe fronte ao seu rival, segundo as enquisas. Nembargantes, o mesmo día da votación, os colexios foron asaltados por elementos violentos, destrozando mobles e urnas electorais, e ao día seguinte foi declarado gañador o candidato leal ao réxime.

Como unha reacción a esa tendencia preocupante pode considerarse a creación dunha iniciativa cívica que ten por obxectivo impedir que elementos criminais penetren en órganos dos poderes públicos. Non é ningún segredo que Yanúkovych ten no seu historial dous antecendentes penais, xa que cando era estudiante estivo recluído durante cinco anos. Agora, a Corte da súa rexión natal di que as actas de entón xa non existen e os círculos oficiais afirman que as condenas que cumpriu non foron lexítimas. Tamén Medvedchuk, xefe da administración presidencial e líder do partido social-demócrata (unificado) deu o seu apoio total a Yanúkovych, en clara contradicción coa súa época de estudiante, cando estivo "en conflicto" coa lexislación penal.

Poucos dubidan que o poder se pare en escrúpulos cando se trata de manter o control da situación. Por iso levantou moitas sospeitas a súbita enfermidade de Yúschenko, quen fora ingresado algúns días nun hospital austriaco, logo de apareceren extraños síntomas que os médicos non poideron diagnosticar (non se atoparon substancias tóxicas no seu corpo). A oposición alega que o agravamento continuo das enfermidades só podía ser causado por envelenamento, acusando ao goberno de estar detrás.

No que respecta a Yanúkovych, este foi obxecto dun ataque cando se achegou á cidade de Ivano-Frankivsk no oeste do país, onde "A Nosa Ucraína" ten tradicionalmente a maioría. Alí alcanzouno un ovo crú lanzado por un estudiante que foi retirado enseguida polos seu servizo de seguridade. Mais tarde, a policía anunciou que atoparan dous obxectos "duros": unha bola metálica de 1 cm de diámetro e unha pedra de 5 cm, que poderían ter sido utilizadas no ataque contra o primeiro ministro.

Últimamente, un deputado de "A Nosa Ucraína" declarou no Parlamento que as autoridades están conspirando contra o actual primeiro ministro, sen excluir a posibilidade da súa eliminación física, para atribui-la provocación ao bloque opositor e establecer un estado de emerxencia. En máis dunha ocasión, Kuchma dixo que estas eleccións serían as máis suxas na historia de Ucrania independente. A diferencia das promesas electorais, esta declaración estase a convertir nunha realidade.