danielprieto

Prieto de Andrés, Daniel

Nado en 1998, estudou o Grado de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela ata o ano 2021, ano no que presentaría o meu Traballo de Fin de Grao titulado “Crise en Europa: os casos de Crimea e Donbas. Unha análise dende a teoría do conflito”. Actualmente atópase en Polonia realizando un programa europeu de voluntariado.


Artigos de Prieto de Andrés, Daniel

Agora e sempre

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
O conflito, segundo o politólogo surcoreano Ho-Won Jeong (1) é unha forma intensa de competición, entendendo o mesmo como algo inherente á esencia do comportamento humano e polo tanto, inevitable. En referencia a esa competición, sinala que a pesares de ser ambos conceptos comparables, non supoñen o mesmo, mentres que na competición, os actores loitan por conseguir uns obxectivos a partir dunhas normas e regulamentos marcados; o conflito supón conseguir eses obxectivos nun contexto de anarquía onde danar ou destruír ao adversario son opcións válidas para chegar ao obxectivo marcado.

Donbas

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Fronte a Crise de Crimea, onde puidemos presenciar unha ocupación dun territorio de xeito “pacífico” e unha anexión a outro país como foi neste caso á Federación Rusa, a cuestión do Donbas é moi diferente. Nun primeiro momento, trala destitución de Yanukovich, as protestas irían en aumento, claramente vinculadas ao apoio social e electoral que …

Prieto de Andrés, Daniel Ler máis »

Os pequenos homes verdes

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O territorio coñecido como Crimea corresponde á rexión peninsular situada na costa Norte do Mar Negro. Este territorio atópase rodeado na súa maioría polo Mar previamente nomeado Mar de Azov, ao Nordeste. A nivel administrativo a península de Crimea pertence ao oblast ucraíno coñecido como Kherson, ao que está conectado xeograficamente a través do istmo …

Prieto de Andrés, Daniel Ler máis »

Ucraína, entre Rusia e a Unión Europea

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O día 21 de novembro de 2013 o Goberno ucraíno, co presidente Viktor Yanukovich á cabeza, asinaría un decreto polo que os preparativos para a firma do Acordo de Asociación entre o país eslavo e a Unión Europea (UE) quedaban suspendidos.